PINZÁS

 

  PINZÁS (I) PINZÁS (II) PINZÁS: PROXECTO CAMPO DE GOLF        

 

    Actualizada o 27-05-2014  

 

        O humedal de Pinzás, situado no denominado Chan do Cereixo, é un área de fácil encharcamento no que se produce de xeito natural un pasto aproveitado polo gando vacún e cabalar que pace nos arredores en réxime de semiliberdade.

 

     En invernos de abondosa chuvia, o asolagamento desta área vai permanecer por longo tempo, ofrecendo unha das imaxes máis fermosas do mesmo.

 

 

 
       

 

         O humidal está bordeado en parte por plantación de eucaliptos. Na zona seca desenvólvense diferentes especies propias do monte baixo taes como toxos e uces.

 
       

 

         Tal e como amosa o cartel, aquí existe unha zona de caza permanente.

 

 

      Actualizada o 14-04-2012  
 

VISITA DO 07-04-2012

 

 

Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo

 
 

 

 

      Xa ía para un ano que non visitabamos esta magnífica zona do Baixo Miño que, xunto coa Valga (Oia), forma un dos humedais mellores e máis ricos que ten a comarca.

 

   Nesta ocasión acompañáronos dous colegas, que teñan interese en coñecer algunha das zonas especiais que temos nesta parte de Galicia e, pensamos, que quedaron moi satisfeitos desta visita pola cantidade de especies que puideron ver.

 

   Na fotografía, de esquerda á dereita: Dorado; Anxos; Martiño; Ricardo, Peque, Ricardo e Tin (agachado), posando como é habitual en tódalas saídas efectuadas polo grupo de traballo.

 
         
   

     A pesares da sequía, o regato que cruza Pinzás e orixina un dos ríos que hai no Baixo Miño (Cereixo), levaba auga suficiente para manter húmidas as beiras e albergar unha interesante fauna, coma puidemos apreciar no tempo que estivemos nesta chaira asulagada.

 
         
   

     O anfibio máis escaso que, hoxe por hoxe, temos na comarca é o Lissotriton helveticus, Pintafontes palmado. Pinzás é un dos escasos lugares no que o temos localizado e, cada vez que o podemos observar, constitúe un acontecemento e un dos momentos máis agradables para nós.

 
         
 

 

Andivemos na procura do sapiño parteiro (Alytes obstetricans), e non tardamos en dar con el, sobre todo gracias a Peque que ten un especial don para estes animais. Como vemos na fotografía, algúns dos exemplares que observamos cargaban cos ovos á espalda.

 

 

Tampouco faltou o sapiño pintoxo (Discoglossus galganoi), como o exemplar da fotografía. Este anuro parece empezar a escasear no Baixo Miño.