EQUIPO RESPONSABLE
 
AXENTE FORESTAL............................................. Emilio Alonso Gómez (Arriba)
AXENTE FORESTAL............................................ José Miguel Escanciano Maricalva (Esquerda)
AXENTE FORESTAL............................................ Ricardo da Silva Diz (Centro)
FOTÓGRAFO...................................................... Luis Dorado Senra (Dereita)
 
 COLABORADORES........................................... Membros do GT de ANABAM
 
GUÍA  ANABAM  DAS

 

ÁREAS  RECREATIVAS  DO  BAIXO  MIÑO
Área recreativa de San Omedio
 
Localización                                                                          
 
Concello:   Tui
Parroquia: Malvas
Lugar:        San Omedio
Coordenadas Datum WGS 84, huso UTM 29 T:     X   523127
                                                                                   Y 4656468
 Instalaciónns:   - Acceso a persoas con discapacidade (con algunhas restriccións )
                         - Fonte de Auga potable
                         - Bancos e mesas
                          -Asadores
 Acceso:            Coche: Si      Autobús : Non 
Autor e data das fotografías: Luis Dorado Senra, 26 -04 -2014  ( Excepto *  Ricardo, 17- 08- 2014 )verán.
 
 
Descripción e algúns datos de interes
 
 Moitas das ‘Áreas Recreativas’ foron creadas polo empeño da gardería forestal, xunto ás comunidades de montes, por crear lugares de esparcimento en espazos con un  atractivo especial. Este é o caso de San Omedio, onde o garda forestal Francisco Diz, ao coñecer a existencia dos restos da ermida de San Omedio, e a singularidade do lugar, inicia o proceso, que hoxe en día continúa mellorando a Comunidade de Montes en Man común de Malvas, de crear esta fermosa Área.
 
 A Ermida de San Mamed  ou San Omedio restaurase no ano  1981, e celébrase a romaría do santo o segundo domingo de agosto.
 
 O arborado da Área é moi variado, as frondosas predominan no lugar das mesas, facendo desta Área un lugar moi fresco e agradable no verán, as coníferas envolven esta zona creando un contraste de cores. Así os carballos, liquidambar, cereixeiras, castaños, bidueiros, abetos de Douglas, alciprestes, piñeiros do país e americanos, sequoias etc. completan a singularidade deste lugar.
 
 
Recomendacións: En xeral, non deixar o lixo nas papeleiras ou contenedores no período invernal xa que normalmente non teñen recollida nestas épocas do ano.
 Se ves lume chama ao 085 e para calquer emerxencia ao 112, as chamadas son de valde
 E recorda que a pesares de que os montes teñen propietarios,  disfrutámolos todos.
 
Actualización: 24-05-2015
 PORTADA   BAIXO NIÑO   ÍNDICE  E  MAPA  INTERACTIVO DAS  ÁREAS RECREATIVAS