EQUIPO RESPONSABLE
AXENTE FORESTAL............................................. Emilio Alonso Gómez (Arriba)
AXENTE FORESTAL............................................
José Miguel Escanciano Maricalva (Esquerda)
AXENTE FORESTAL............................................ Ricardo da Silva Diz (Centro)
FOTÓGRAFO...................................................... Luis
Dorado Senra (Dereita)
COLABORADORES........................................... Membros do GT de ANABAM
GUÍA ANABAM DAS
ÁREAS RECREATIVAS DO BAIXO MIÑO
Área recreativa de A Valga
Localización
Concello: Oia
Parroquia: Loureza
Lugar: Curro
da Valga
Coordenadas Datum WGS 84, huso UTM 29 T: X 511870
Y 4648927
Instalaciónns: - Acceso a persoas con discapacidade (con algunhas restriccións )
- Fonte de Auga potable
- Bancos e mesas
-Asadores
Acceso: Coche: Si Autobús :
Si
Autor e data das fotografías: Luis Dorado Senra, Abril e Maio 2015
Descripción e algúns datos de interes
A creación desta Área, foi necesaria para dar acomodo ás persoas que tradicionalmente
acoden ao curro da Valga
e que dende antigo celébrase neste lugar o segundo domingo do mes de Maio.
No entorno da Área destacan os espazos
naturais, especialmente as zonas húmidas de turbeira, que posúen
características únicas. Practícase a escalada nos riscos que miran
á costa e tamén resulta habitual a práctica
do ‘parapente’ e outras actividades similares.
Robles americanos (Quercus rubra), bidueiros
(Betula sp.) e liquidambar (Liquidambar styraciflua) son as especies
arbóreas que principalmente cobren o espazo da Área recreativa,
aínda que as especies máis abundantes no seu
entorno son o piñeiro americano (Pinus radiata) e o do país (Pinus pinaster).
Moi
próxima a esta temos tamén a Área recreativa da Casa Forestal de Oia.
Recomendacións: En xeral, non deixar o lixo nas papeleiras ou contenedores no período invernal xa que normalmente non
teñen recollida nestas épocas do ano.
Se ves lume chama ao 085 e para calquer emerxencia ao 112, as chamadas son
de valde
E recorda que a pesares de que os montes teñen propietarios, disfrutámolos todos.
Actualización: 24-05-2015
Arriba e abaixo, dúas instantáneas do curro 2015.