EQUIPO RESPONSABLE
AXENTE FORESTAL............................................. Emilio Alonso Gómez (Arriba)
AXENTE FORESTAL............................................
José Miguel Escanciano Maricalva (Esquerda)
AXENTE FORESTAL............................................ Ricardo da Silva Diz (Centro)
FOTÓGRAFO...................................................... Luis
Dorado Senra (Dereita)
COLABORADORES........................................... Membros do GT de ANABAM
GUÍA ANABAM DAS
ÁREAS RECREATIVAS DO BAIXO MIÑO
Área recreativa O Fial
Localización
Concello: Oia
Parroquia: Burgueira
Lugar: O
Fial
Coordenadas Datum WGS 84, huso UTM 29 T: X 514145
Y
4651999
Instalaciónns: - Acceso a persoas con discapacidade
- Fonte de Auga potable
- Bancos e mesas
-Asadores
-
Campo de futbol
Acceso:
Coche: Si Autobús : Si
Autor e
data das fotografías: Luis Dorado Senra, Maio 2015
Descripción e algúns datos de interes
A crecente afluencia de excursionistas que acudían aos montes cos seus xantares e
merendas, principalmente nos fins de semana e máis que nada ca chegada do bo tempo, motivou que os Gardas Forestais propuxesen aos
seus superiores e levasen a cabo a creación de Áreas Recreativas; sempre co beneplácito das comunidades e montes. Moitas veces
foron feitas estas áreas en lugares tradicionalmente utilizados xa coma ‘merendeiros’.
Na Serra da Groba creáronse
varias, todas elas moi próximas no tempo, así temos as tres seguintes, que datan do ano 1986:
-Área do Curro da Valga
feita por José Pombal, que tamén se lembra da mellora nese ano da Área da Casa Forestal de Oia.
-A da Chan da Lagoa foi feita por Humberto
Fernández, está situada na parroquia de Baíña do concello de Baiona.
-A que nos ocupa agora, a Área Recreativa do Fial, creada polo
garda forestal Francisco Martín.
Outra área do concello de Oia e anterior a todas elas, tamén na serra da Groba, é a das Pozas
de Mougás, realizada polo garda forestal Antonio Rodríguez.
A do Fial está moi próxima ao núcleo de Burgueira, de camiño ao barrio
de Torroña. O arborado desta área compóñena principalmente robles americanos (Quercus rubra), alciprestes (Cupressus sp.) e liquidambar(Liquidambar styraciflua), arrodeados por piñeiros de Monterrei (Pinus radiata), principalmente.
Actualización: 09-06-2015
Recomendacións: En xeral, non deixar o lixo nas papeleiras ou contenedores no período invernal xa que normalmente non
teñen recollida nestas épocas do ano.
Se ves lume chama ao 085 e para calquer emerxencia ao 112, as chamadas son
de valde
E recorda que a pesares de que os montes teñen propietarios, disfrutámolos todos.