EQUIPO RESPONSABLE
 
AXENTE FORESTAL............................................. Emilio Alonso Gómez (Arriba)
AXENTE FORESTAL............................................ José Miguel Escanciano Maricalva (Esquerda)
AXENTE FORESTAL............................................ Ricardo da Silva Diz (Centro)
FOTÓGRAFO...................................................... Luis Dorado Senra (Dereita)
 
 COLABORADORES........................................... Membros do GT de ANABAM
 
GUÍA  ANABAM  DAS

 

ÁREAS  RECREATIVAS  DO  BAIXO  MIÑO
Área recreativa O Delirio Poderoso
 
Concello: Tomiño
Parroquia: Estás
Lugar: O Poderoso
Coordenadas Datum WGS 84, huso UTM 29 T: X 517988
                                                                     Y 4647376

Instalaciónns: - Acceso a persoas con discapacidade (con algunhas restriccións )
- Fonte de Auga potable
- Bancos e mesas


Acceso: Coche: Si Autobús : Si

Autor e data das fotografías: Luis Dorado Senra, 14-10-2015 ( Excepto * Darío Portela, 05-12-2016 )
 
 
Descripción e algúns datos de interes
 A “Asociación de usuarios de Traídas de Auga de Estás” acondicionou o lugar onde teñen os seus nacentes principais as augas das que se nutren os depósitos das traídas da parroquia.
A disposición da Área recreativa,  as súas esculturas, os camiños, as pontes, a poesía; todo nela xira arredor da figura principal que é a ‘auga’.
Todos os elementos teñen o seu lugar escollido con esmero, nada aquí se fixo ao azar cando os veciños da parroquia iniciaron a creación deste lugar de lecer.
As esculturas en pedra, de Antúnez Pousa, o estanque, o son da auga, as poesías gravadas na pedra de Francisco Álvarez ‘Koki’, invítannos a descubrir os encantos deste lugar.
 Para chegar a esta Área recreativa pasaremos seguramente polos restos da fortificación do “Castelo de Medos ou “Forte de Santiago Carrillo” do século XVII.
Mais información do mesmo no seguinte enlace: http://www.fortalezas.es/conjuntos
 
 
Recomendacións: En xeral, non deixar o lixo nas papeleiras ou contenedores no período invernal xa que normalmente non teñen recollida nestas épocas do ano.
 Se ves lume chama ao 085 e para calquer emerxencia ao 112, as chamadas son de valde
 E recorda que a pesares de que os montes teñen propietarios,  disfrutámolos todos.
 
Monumento a auga de Estás. Autor: José Antúnez Pousa
Monumento  ao  pobo  de  Estás.  Autor:  José  Antúnez  Pousa
En amarelo a Área Recreativa.
En cor vermella o Castelo de Medos
Actualización: 12-10-2016
 PORTADA   BAIXO NIÑO   ÍNDICE  E  MAPA  INTERACTIVO DAS  ÁREAS RECREATIVAS