MATAN DE XEITO CRUEL A CATRO GARRANOS NOS MONTES DE OIA
500+1.100 EUROS DE RECOMPENSA
 
TV
 
      A demencial actuación de unha ou máis persoas no monte de Viladesuso (Oia) na que de xeito cruel deron morte a catro éguas e feriron a outros cinco garranos, levou a que ANABAM ofreza 500 euros á persoa que nos dea información que conduza a dar co responsable ou responsables destes tráxicos feitos. Esta cantidade vese incrementada agora noutros 1.100 euros aportados por tres persoas que desexan quedar no anonimato, unha de Santiago de Compostela, outra de Bilbao, e a terceira de Madrid, moi sensibilizadas polo ocurrido, querendo deste xeito,  axudar na localización de quen levou a cabo semellante barbaridade, polo que a recompensa total está agora nos 1.600 euros. 
 
     A Comunidade de Montes Veciñais de Viladesuso e a Asociación de Gandeiros de Cabalos da Serra da Groba tamén se suman a esta campaña e axudarán economicamente a ANABAM no pago da recompensa.
 
     Os feitos acaecidos o domingo 19 de xaneiro, provocaron a repulsa de centos de persoas a través das redes sociais ata tal punto que a información facilitada por esta asociación foi compartida máis de 1400 veces o que da unha clara idea do impacto que supuxo esta brutal acción.
informacion002004.jpg informacion002003.jpg
FARO DE VIGO
 
LA VOZ DE GALICIA 1
 
LA VOZ DE GALICIA  2
 
EL PAÍS
 
TELEMARIÑAS
 
TELEMARIÑAS
 
INFOGAUDA
 
INFOMINHO
 
DIARIO DE PONTEVEDRA
 
COPE
PRENSA/RADIO
 
ANONIMATO
 
      ANABAM garantiza o anonimato da persoa que aporte datos que permitan dar co autor ou autores de tan brutal agresión, polo que nos comprometemos publicamente a non desvelar a fonte de información.
 
 
PORTADA 
Texto: Agustín Ferreira Lorenzo
04/febreiro/2019
 
INCREMÉNTASE A RECOMPENSA EN 900 EUROS MÁIS
Aportados pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Mougás
Texto: Agustín Ferreira Lorenzo
29/01/2019
      A morte violenta dos catro garranos acaecidos no monte de Viladesuso o pasado 19 de xaneiro, sigue estando na mente de todos e os ánimos de dar cos autores de tal macabro feito non merma. Agora é a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Mougás a que se suma á iniciativa de ANABAM de dar unha recompensa económica para quen facilite datos que conduzan ata os autores dese terrible acto.  Así, pois, pasamos dos 1.600 euros no que estaba a recompensa aos 2.500 euros actuales grazas á aportación de 900 euros que dona a citada Comunidade.
 
      Tal e como vimos dicindo, a persoa ou persoas que faciliten datos van quedar no anonimato polo que pode estar seguras que ninguén saberá quen aportou os mesmos. Queremos apelar á conciencia cidadana para acabar con este tipo de mortes violentas, que parecen máis obra de sádicos que de xente civilizada.
 
ENTIDADES E PERSOAS QUE COLABORAN NA RECOMPENSA:
ANABAM
ASOCIACIÓN DE GANDEIROS DE CABALOS DA SERRA DA GROBA
COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DE MOUGÁS
COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DE VILADESUSO
PERSOA ANÓNIMA (Santiago de Compostela)
PERSOA ANÓNIMA (Madrid)
PERSOA ANÓNIMA (Bilbao)
 
 
 
 
O garrano é un cabalo autóctono, de talla pequena, peludo e adaptado a vivir no monte. (Fotografía: Óscar Vázquez, la Voz de Galicia).