ENTOMOLOXÍA DO BAIXO MIÑO

 

Cheiracanthium punctorium ????

 

 

Responsable Sección Entomolóxica: Agustín Ferreira Lorenzo

Equipo de Campo: Carlos Angíliza Entenza, Silvia Bautista Salgueiriño, Luis Dorado Senra; Agustín Ferreira Lorenzo, Antón Ferreira Lorenzo, Noé Ferreira Rodríguez,  Mª Consuelo González de Dios, Manuel A. Pombal Diego, Ricardo Portela Vilas, Fco. Javier Sánchez González e Ricardo da Silva Diz., Ángeles Villasenín Álvarez

 

BIODIVERSIDADE

FAUNA 

 INSECTOS

ARÁCNIDOS

 

 

 

 

 

FLORA

 

 

 

 

 

 

 

Ir á PORTADA

 

 

 

 

DATA LOCALIZACIÓN

CADRÍCULA UTM: X-Y

PARROQUIA-LUGAR

CONCELLO

03-08-2013 16-50; 17-50 A Pedrada Oia
26-07-2014 19-47 Estás Tomiño
       

 

Clase Arachnida    
Orde Araneae    
Familia Miturgidae    
Xénero Cheiracanthium    
Especie Ch. punctorium ?    
       

 

      Actualizado o 10-08-2014  
     

 

Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

 

 
 

 

 

 

     Nova localización da araña denominada Cheiracanthium. Na saída efectuada o sábado 26 de xullo por varios membros do Grupo de Traballo de ANABAM (Carlos Angílica Entenza; Agustín Ferreira; Luis Dorado Senra; Mº Consuelo González de Dios; Ricardo Portela Vilas e Ricardo da Silva), desprazámonos a Estás, no municipio de Tomiño, visitando dúas áreas próximas ao Arroio Bravos. Nun dos prados puidemos observar máis dunha ducia de niños desta aráña, que gardaban cun escrupuloso celo, defendéndoo de calquera ameaza externa.

 

    Evidentemente, para a toma das fotografías manexamos tanto ao niño como á araña con moito respecto e, por suposto, precaución, pois a picadura deste arácnido non é nada aconsellable. Rematada a sesión fotográfica e toma de datos, deixámolas tranquilamente sen máis molestias.  

 
     
     
     

 

 
   

      Pedipalpos e mandíbulas da Cheiracantium.

 

 
         
           Detalle dun dos niños observados. Estes están formados por un tubo feito de tela, coa entrada inferiormente e duns 4-5 centímetros de longo, que se constrúe unido a varios talos de plantas herbáceas, xuncos, etc.

    No seu interior está a posta e a araña adoita cobixarse tamén dentro, saíndo cando presinte algunha ameaza.

 
         

 

      Actualizado o 14-09-2013  
 

 

   

DATA E LOCALIZACIÓN: 03-08-2013

 

LUGAR: A Pedrada (Tomiño)

 

 

IDENTIFICACIÓN: Antonio Melic

 

FOTOGRAFÍA: Agustín Ferreira L.

 

 
     
     
 

 

A Chiracanthium é unha das arañas que produce unha picadura moi dolorosa e, ata certo punto perigosa, como puidemos observar hai xa algúns anos nunha señora da Guarda que precisou de asistencia médica, aínda así, debemos vela non como inimiga, pero si con respecto. A cor  do cefalotórax é avermellado mentres que o abdome é amarelento.

 

    

Á esquerda a araña custodiando o niño. Á dereita detalle do niño, formado por unha especie de tubo.    

 
     

 

 
 

 

Na pradería  que aparece na imaxe no centro, foi o lugar de localización desta araña así como doutras de especies diferentes,

na nosa visita do 3 de agosto.