CAMPAÑAS RECUPERACIÓN ESPECIES AMEAZADAS OU DESAPARECIDAS
Entre os obxectivos de ANABAM están os da recuperación de especies ameazadas ou desaparecidas da bisbarra
baixomiñota. Estas especies se inclúen no denominado PES (Plan de Especial Seguimento) que ten por obxecto a recuperación desas especies
ameazadas. Unha actividade que require coñecer a nosa flora e fauna e a súa situación. Grazas aos traballos de campo desenvolvidos
ao longo de moitos anos, as persoas que formamos parte desta entidade ecolóxica-conservacionista, temos datos máis que suficientes
para coñecer moitas destas especies, porén, hai outras que escapan ás nosas observacións e que tal vez nunca saibamos se estiveron
neste recuncho algunha vez. Desgrazadamente, non podemos abarcar todo como quixeramos, pero o pouco que podemos facer, esperamos que
mereza a pena.
Lembrade que para conseguir éxitos neste campo, necesitamos da axuda e colaboración,
tanto económica como de man de obra e/ou material, de todos os que queirades botarnos unha man.
Grazas
por contribuir a preservar o noso patrimonio natural.
Esta especie foi sacada no ano 2016 do PES (Plan de Especial Seguimento) elaborado por ANABAM, xa que
a poboación da mesma se multiplicou por máis de dez (con respecto á poboación que había inicialmen -ano 2000- logo das
medidas desenvolvidas por esta asociación.