PALMEIRAS PRAZA DA INMACULADA
(TUI)
Nome científico: Phoenix canariensis
Nome común galego: Palmeira das Canarias
Nome común castelán : Palmera canaria. Palma
canaria
Idade: 100 anos.
Medidas
Altura 1ª : 13´50 metros Altura
2ª: 15 metros
Diámetro 1ª a 1,30 m : 0,62metros Diámetro 2ª a 1,30m
: 0,63 metros
Perímetro 1ª a 1,30 m : 1,96 metros Perímetro 2ª a 1,30 m: 2
metros
Localización
Concello: Tui
Lugar: Praza da Inmaculada ( casco urbano )
Coordenadas Datum WGS 84, huso UTM 29 T : X 529426
Y 4655205
Altitude: 49 metros
Data fotografías: 2 – 06 - 2012
A Praza da Inmaculada
Situada no centro de Tui, ao pé do xulgado, edificio construído no 1857
e que ten elementos neoclásicos mesturados coa típica arquitectura galega.
Está presidida esta praza polo monumento
dedicado a Frei Rosendo Salvado. Foi levantado no 1945 para conmemorar o primeiro centenario da súa partida a Australia.
Frei R. Salvado
* Naceu este bispo en Tui, o 1 de marzo de 1814, viaxa a Australia para evanxelizar aos nativos, sendo cinco as veces que realizou
esta viaxe ao continente australiano onde fundou “Nova Nursia”, unha misión de aprendizaxe dos aborixes.
Relixioso
polifacético, é autor das “Memorias históricas de Australia” , tamén sabía música e tocaba o órgano e mailo piano, chegando a dar
concertos coa finalidade de obter fondos para a misión de Nova Nursia, mesmo compuxo algunha peza musical.
É, seguramente,
coñecido por enviar sementes de eucalipto de diferentes especies aos seus familiares e amigos galegos, que posiblemente fosen as primeiras
de España.
Falece o 29 de decembro de 1900 en Roma. O 7 de Abril de 1902, o pobo de Tui dedícalle a rúa
de Riomuíños onde está a súa casa natal, coa colocación dunha placa conmemorativa.
*Bibliografia: Exposición frei
Rosendo Salvado (1814 – 1900) O bispo dos sen Alma.