GLICINA DA GLORIETA
(TUI)
Nome científico: Wisteria sinensis
Nome común galego: Glicina
Nome común castelán: Glicina, Visteria china,
Flor de la pluma
Idade estimada: 57 anos
Poñemos aquí unha cita que aparece no libro “Los alcaldes de Tui del sigloXX Historia
de la ciudad a través de los plenos municipales”, sendo alcalde Don José Jurado Romero. (pax.242)
1956
“Construcción
de la pérgola y jardines de la Glorieta de Vigo, según proyecto del aparejador municipal don José Carrera Segalá, con un presupuesto
de 74.217 pesetas”.
“Se realizó el proyecto de iluminación de la Glorieta de Vigo, con un presupuesto de 27.502,47 pesetas,
que fue adjudicado al industrial don Juan Font Palomas”.
Localización
Concello: Tui
Lugar: Glorieta de Vigo
(casco urbano)
Coordenadas Datum WGS 84, huso UTM 29 T : X 5295526 Y 4655330
Altitude: 49
Data
e autor das fotografías: 23 – 6 – 2013, LuisDorado Senra
Medidas:
Lonxitude: Dende a base ata o final da
pola mais longa ten 22,80 metros e cas outras ramificacións ocupa practicamente toda a pérgola, incluso xa a superaría cunha
poda mais axeitada.
Diámetro a 1,30 m :0,39 metros
Perímetro a 1,30 m:1,23 metros
Observacións: Arbusto caducifolio de comportamento ‘trepador’, orixinario de China, a súa floración na primavera pode ser
espectacular, dando cachos colgantes e perfumados de cor violácea, cara ó mes de xuño teñen unha segunda floración menos intensa.
Poden
vivir mais de 100 anos e alcanzar tamaños asombrosos.
Grupo de mozos na Glorieta de Vigo, entre os anos 57 – 60: segundo pola esquerda, sentado, José Da Silva Martínez,
pai dun dos
autores de Árbores extraordinarias, Ricardo Da Silva Diz. Obsérvense ó lado das columnas as glicinas