ÁRBORES  E  ARBUSTOS 
EXTRAORDINARIAS  DO  BAIXO  MIÑO
Guía ANABAM das

EUCALITO  DO  TREGA

(A GUARDA)

Actualizada o 10-01-2013

     Observacións:  Parece ser que estamos ante a árbore máis antiga do monte Trega e tamén da árbore de maior perímetro do Baixo Miño e a súa contorna, xa que este podería chegar aos 9 metros se ao medir non despegásemos a cinta do seu tronco ( pois ten uns contrafortes semellantes ás igrexas románicas) .

Por todos estes atributos e a súa historia esta árbore merece o noso respecto e admiración.

  Nome científico:            Eucaliptus Globulus

 Nome común galego:    Eucalito

 Nome común castelán: Eucalipto azul, eucaliptoblanco, eucalipto macho.

 Idade estimada:    mais de 100  anos

 Concello: A Guarda

 Parroquia:Camposancos

 Lugar: Chans, Monte Trega, aolado do campo de fútbol.

 Coordenadas Datum WGS 84, huso UTM  29 T:  X 511244   Y 4638217

 Altitude: 140 metros

 Data e autor das fotografías:   1 – 9 – 2012 , Luís Dorado Senra

 Medidas:

 Altura: 36 metros

 Diámetro a 1,30 m :   2,37  metros

 Perímetro a 1,30 m:   7,45 metros

 

 

 
 Campo de futbol das Chans no ano de 1928 que nese momento utilizábase como campo de plantación de Moreras para a incorporación do gusano de seda, ao quedar este inutilizado pola creación do novo Estadio Troncoso en 1927. Obsérvese o eucalito ao fondo.

 * Información e fotografía  facilitados por Miguel Reboreda a quen, dende aquí, agradecemos a súa colaboración.

 

Historia da árbore

Este eucalito foi plantado por D. Laureano Alonso Portela (1863 – 1946)

a principios do século pasado polo nacemento do seu fillo Alcides Alonso Sobrino.

 Sábese que esta costume continuouna cos seus netos dos que non consta árbore algunha viva.

  D. Laureano emigrou ao Brasil e nunha das súas viaxes a Galicia casouse ca Guardesa Mª Asunción Sobrino Vicente que marchou con el a Brasil. Alí naceron os seus dous fillos aínda que o primeiro finou moi pronto. Por iso cando regresaron definitivamente entre 1902 e 1903 fixérono xa cun so fillo, Alcides Alonso Sobrino. 

PORTADA         FLORA         ÍNDICE ÁRBORES EXTRAORDINARIAS