ÁRBORES  E  ARBUSTOS 
EXTRAORDINARIAS  DO  BAIXO  MIÑO
Guía ANABAM das

EUCALITO  DA  CERCA

(BURGUEIRA  - OIA)

Actualizada o 12-03-2012

     Observacións: O propietario é o señor Ricardo o da “sobreira” , que amablemente acompañou a outro Ricardo a observar o magnifico exemplar que tén na finca e algúns máis plantados por el e que xa teñen un bo tamaño.

 

 

 

 Nome científico: Eucalyptus globulus

Nome común galego:  Eucalito 

Nome común castelán: Eucalipto macho, Eucalipto blanco, Eucalipto azul

Idade estimada: máis de 100 anos 

Lugar onde se atopa 

Concello: Oia 

Parroquia: Burgueira  

Lugar: Burgueira, entrando pegado a igrexa e pasando o cementerio dirección á Portela, a 650 m coller unha pista á dereita, despois de pasar o regato. Subir pista forestal, a  100 m desvío á dereita e a 10 m desvío á esquerda, entrase nun  monte  particular con cerramento de pedra, seguir a senda dentro do monte, está cheo de acebiños e o eucalito está ao lado dunhas ruínas dunha casa. 

Coordenadas UTM, Datum WGS 84: X   513426             Y 4651159

Altitude: 332 m 

Medidas 

Altura: 42 metros 

Diámetro a 1,30 metros do chan:1,50 metros 

Perímetro a 1,30 metros do chan:   4, 75 metros 

Data das fotografías: Día 22-01-2012

 

 

 

 
PORTADA         FLORA         ÍNDICE ÁRBORES EXTRAORDINARIAS