ÁRBORES  E  ARBUSTOS 
EXTRAORDINARIAS  DO  BAIXO  MIÑO
Guía ANABAM das

CEDROS  DE  CALVO  SOTELO

(TUI)

Actualizada o 30-12-2013


Nome científico: Cedrus deodara 

Nome común galego:  Cedro do Himalaia 

Nome común castelán:  Cedro del Himalaya 

Idade estimada:    50 anos 

Concello: Tui 

Lugar: Ó lado da Glorieta de Vigo (casco urbán) 

Coordenadas Datum WGS 84,huso UTM  29 T:  X 529504  Y 4655297 

Altitude: 49 metros 

Data e autor das fotografías:    23- 6 – 2013 , Luís Dorado Senra 

Medidas das dúas árbores  

Altura:  20 metros as dúas 

Diámetros a 1,30 m :  0,97 metros unha e 0,90 metros a outra

Perímetros a 1,30 m:  3,05 metros unha  e 2,83  metros a outra 

Observacións:

Árbores de gran talla (ata 75 m de altura) e lonxevos, poden vivir centos de anos.

Os cedros do Himalaia son plantados en parques, xardíns, pazos etc de todo o mundo pola súa elegancia, son frecuentes en Galicia sobre todo preto da costa. Teñen tamén excelente madeira, duradeira e de agradable recendo.

Non pasarán desapercibidos estes cedros a calquera que se achegue ó centro de Tui pola Avda. da Concordia, pois xa dende o inicio da avenida resaltan ó final dela estes fermosos exemplares, poñendo unha nota de color á cidade de pedra. Son un complemento ó monumento a  Calvo Sotelo: como recolle o “Boletín informativo del Centro de iniciativas y turismo de Tuy”, na súa publicación en agosto de 1963, o proxecto desta obra correu a cargo dos arquitectos Pérez Lorente y Ulloa, e levada a cabo a parte escultórica polo cangués  Xan Piñeiro Nogueira , sendo  inaugurado o 7 de setembro de 1963.  

Gravado publicado no boletín en agosto de 1963
Curiosamente non aparecen os cedros no proxecto do monumento, si están uns cipreses (á dereita do gravado)
 hoxe en día desaparecidos, a desaparición debe ser recente pois aínda se conservan os tocóns no chan.
 
Fotografía publicada no boletín e realizada na primeira quincena de setembro, a inauguración fora feita o 7 de setembro de 1963.
Obsérvanse os cipreses, pero non se distinguen os cedros, aínda que non deberon ser plantados moito máis tarde.
 
 
PORTADA         FLORA         ÍNDICE ÁRBORES EXTRAORDINARIAS