ÁRBORES  E  ARBUSTOS 
EXTRAORDINARIAS  DO  BAIXO  MIÑO
Guía ANABAM das

CRYPTOMERIA DO APEADEIRO DE D. ELOY

(O  ROSAL)

Actualizada o 15-09-2012


 Nome científico:  
Cryptomeria japonica     “Elegans”

              Cupresus japonica          “Elegans”

 Nome común galego:  Cedro do xapón

 Nome común castelán: Sugi

 Idade estimada:  55 anos

 Concello: O Rosal

 Parroquia: San Xoán de Tabagón

 Lugar: Á beira do antigo apeadeiro de autobuses da C-550

 Coordenadas Datum WGS 84, huso UTM  29 T:  X 516101   Y 4641480

 Altitude:  13 metros

 Data e autor das fotografías:     10  - 11 – 2012 , Luís Dorado Senra

 Medidas:

 Altura: 16 metros

 Diámetro basal : 1,17 metros

 Perímetro basal:  3,70 metros

 Observacións:  *Este exemplar foi plantado, xunto con outro igual que xa non existe, cando se construíu o apeadeiro no ano 1957, sobre un proxecto do enxeñeiro de camiños D. Eloy Fernández Valdés; conta polo tanto con 38 anos.

 Non ten a forma característica da especie, xa que ramifica aproximadamente a 1 m. En 6 brazos de diferentes alturas; os tres máis altos teñen uns 13 metros.

  O tronco, de 3 m. de perímetro, está invadido pola hedra que cobre a zona e ten algún tocón de anteriores ramas cortadas.

 ( * Extracto recollido da publicación  “Flora singular do concello do Rosal” editada no ano de 1995).

    Hoxe en día só ten 4 ramificacións, unha delas doble, pois dúas foron cortadas, medrou 3 metros en altura e engordou 22 centímetros, algo máis dun cm por ano como se pode observar.

   O apeadeiro e unha xoia en si mesmo e curiosamente non e utilizado por quedar máis alto ca estrada , 100 metros máis adiante existe un máis moderno.

PORTADA         FLORA         ÍNDICE ÁRBORES EXTRAORDINARIAS