CATALPAS DE TEBRA
(TOMIÑO)
Nome científico: Catalpa bignonioides
Nome común galego: Catalpa
Nome común castelán : Catalpa común
Idade estimada: máis de 100 anos
Localización
Concello: Tomiño
Parroquia: Stª Mª de Tebra
Lugar: Adro da festa, ao lado da igrexa.
Coordenadas Datum WGS 84, huso UTM 29 T: X 521925 Y 4654737
Altitude: 59 metros
Medidas (As medidas coinciden para os dous exemplares coma se fosen xemelgos )
Altura: 10 metros
Diámetro a 1,30 m : 1,05 metros
Perímetro a 1,30 m: 3,26 metros
Data das fotografías:1 – 9 – 2012
Observacións: Parece que estivesen plantadas en macetas, pero a razón de que estean rodeadas destas proteccións é que antigamente pasaba un camiño entre o muro do cemiterio e as Catalpas. Ao preparar o adro da festa e achandar o terreo as Catalpas quedaron cas raíces ao aire por ser o camiño máis baixo e a solución foi esa. Así o contou o señor Jesús, anterior presidente da comunidade de montes, e segundo dixo, isto sucedeu sendo el un mozo e xa as Catalpas eran grandes. ( Un saúdo para el dende esta páxina, e a todas as persoas da parroquia )
De quen as plantou e cando, nada puidemos saber, pero si alguén ten eses datos pode poñerse en contacto con nós.