SECCIÓN ENTOMOLÓXICA "Pelegrín Franganillo" 

 

ARÁCNIDOS  DO  BAIXO  MIÑO  (Arachnida)

 

Araneus diadematus

 

(ARAÑA DE XARDÍN; ARAÑA DE CRUZ)

 

 

RESPONSABLE E COORDINADOR ARÁCNIDOS: Agustín Ferreira Lorenzo

COLABORADOR ARACNÓLOGO: Antonio Melic

 

EQUIPO DE CAMPO: Carlos Angíliza Entenza, Silvia Bautista Salgueiriño, Luis Dorado Senra; Agustín Ferreira Lorenzo, Antón Ferreira Lorenzo,Mª Consuelo González de Dios, Manuel A. Pombal Diego, Ricardo Portela Vilas, Fco. Javier Sánchez González e Ricardo da Silva Diz.

 

Máis información sobre entomoloxía: http://www.sea-entomologia.org

 

BIODIVERSIDADE

FAUNA 

 INSECTOS

ARÁCNIDOS

 

 

 

 

 

FLORA

 

 

 

 

 

 

 

 Ir á PORTADA

 

 

 

Actualizada o 02-11-2014

   

 

Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

 

Reino Animalia
Filo Arthropoda
Clase Arachnida
Orde Araneae
Família Araneidae
Xénero Araneus
Nome Común Araña de cruz, araña de xardín, araña diadema
Sinonimias Aranea cruciger, Aranea diadema, Aranea diademata, Aranea diadematus, Aranea linnaei, Aranea myagria, Aranea papalis, Araneus peleg, Epeira diademata, Epeira diadematus, Epeira frutetorum, Epeira fruticosus, Epeira myagria, Epeira pyrenaea

     

 

 

 

 

 

    A araña de cruz, ou araña de xardín, é un dos arácnidos máis comúns que temos pola nosa bisbarra. Dende finais de setembro e ata o mes de novembro, é cando máis doado resulta observalas, pois as femias, de pouco máis dun centímetro, constrúen as súas teas entre a vexetación ou en zonas máis ou menos axardinadas, dispóndose os individuos habitualmente no centro delas. É esta a época de reprodución, polo que se preparan para iniciar a posta.    

 

       Característica destas arañas son as manchas brancas que posúen no dorso do abdomen, que nos lembran unha cruz, de aí o seu nome. No centro dos brazos que forman a cruz, sempre hai unha mancha circular.

 

     A tonalidade é moi variable, como podemos ver nas fotografías adxuntas

 

 

 

 

Estas arañas son inofensivas, non adoitan picar e, de facelo, os síntomas son moi débiles pasando ás poucas horas, de aí que se

considere que é inofensiva.