SECCIÓN ENTOMOLÓXICA : "Pelegrín Franganillo"


Runcinia  grammica

Texto: Agustín Ferreira Lorenzo
 
 
Portada
Biodiversidade
Fauna
Arácnidos
 

     Runcinia grammica é un dos tomísidos que temos no Baixo Miño, ou sexa, as chamadas vulgarmente arañas cangrexo.

     Son de pequeno tamaño. As femias de pouco máis de medio centímetro, mentres que os machos acadan a metade dese tamaño

      Acostuman estar nas flores, onde esperan pacientemente a súa presa. Non constrúen telas, polo que cazan á espreita. 

    Os exemplares das fotografías son femias sobre umbelíferas.Nesa mesma flor observamos tamén un tenebriónido, Heliotaurus rufficollis.