SECCIÓN ENTOMOLÓXICA : "Pelegrín Franganillo"
Synema globosum
-ARAÑA NAPOLEÓN-
Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo
Pequena araña das denominadas "arañas cangrexo" ou arañas das flores, por atoparse sempre nos elementos
florales á espera da súa presa.
Pode presentar diferntes cores, sendo catro os dominantes, véxase o
cadro máis abaixo.
O NOME DE ARAÑA NAPOLEÓN débese ao grande parecido que ten o debuxo do abdome coa silueta do emperador francés, como se pode apreciar
nas fotografías superiores.
No mes de maio do ano 2015, aproveitando o traxecto diario que fago entre A Guarda e Camposancos,
vin observando que a denominada "araña Napoleón" aparecía diante dos meus ollos en numerosas ocasións. Esta pequena e inofensiva araña, que
non chega a un centímetro de lonxitude, atópase sempre nas flores, onde espera con paciencia a chegada dalgunha presa, habitualmente
dípteros. Así que, logo de varios días de pasar por elas, véuseme á mente o de tomar algunhas notas, como por exemplo a cor que presentan
ou as flores nas que se atopan habitualmente. Así que, durante catro días recollín información de tódalas arañas observadas no meu
desprazamento diario, sen determe a escudriñar en tódalas flores e deténdome unicamente nas que, a medida que me desprazaba, observaba
algunha delas, non contabilizándoa no caso de decatarme de que xa fora rexistrada con anterioridade. O resultado foi que observei
un total de 20 individuos diferentes, varios deles machos, pousados en tres tipos de flores: compostas, a práctica totalidade dos
individuos observados estaban nestas, aínda que, tamén hai que sinalar que era a planta dominante con moito; umbelíferas e cistáceas.
Tamén tiven en conta a cor dos exemplares, que se agrupan en catro tonalidades: branco, amarelo, crema (entre branco e amarelo) e
vermello.
O resultado das observacións vai no cadro que segue:
Período activo (en verde)
XANE
|
FEBR
|
MAR
|
ABR
|
MAI
|
XUÑ
|
XUL
|
AGO
|
SEP
|
OUT
|
NOV
|
DEC
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A primeira persoa en citar esta especie no Baixo Miño foi o xesuíta e naturalista Pelegrín Franganillo, quen
levou a cabo estudos sobre os arácnidos desta zona na primeira década do século XX, dende o Colexio Apóstol Santiago, de Camposancos,
A Guarda.