SECCIÓN ENTOMOLÓXICA : "Pelegrín Franganillo"
Pertence, xunto a outras de xéneros diferentes da familia Thomisidae,
ao grupo coñecido vulgarmente como arañas cangrexo, nome debido ao par de patas dianteiros que son proporcionalmente máis grandes
que as restantes, así como a forma na que se pon cando está en repouso, que lembra ás pinzas dese crustáceo.
Esta araña, ao igual que as demais especies desta familia, atópanse sempre en flores, polo que tamén podemos denominalas como arañas das flores. Habitualmente estas son umbelíferas ou tipo “margarita”, pero sen desprezar outras formas florales.