SECCIÓN ENTOMOLÓXICA : "Pelegrín Franganillo"
Micrommata virescens é unha fermosa araña cuxo cefalotórax presenta unha intensa cor verde, que contrasta co seu abdome
amarelento. Aquí vemos unha femia custodiando o niño no que se atopan os ovos. Cada un destes niños contén uns 30 ovos dos que, en
poucos días, sairán as pequenas arañas, tamén de cor verde.
A pradería que aparece no centro da imaxe, é o lugar de localización desta araña así como doutras de especies diferentes, na
nosa visita do 3 de agosto.