SECCIÓN ENTOMOLÓXICA : "Pelegrín Franganillo"
A femia transporta ás pequenas arañas cando nacen. Antes de nacer, cargan co saco de ovos. 12 de xuño de 2009, na praia
do Puntal, Camposancos, A Guarda.
A Arctosa (posiblemente se trate de Arctosa perita) é unha das arañas que podemos atopar nos areais costeiros do Baixo Miño.
Non é moi fácil decatarse da súa presenza, agás que se estea moi preto dela cando se move, pois camúflase perfectamente cos grans de area ata tal punto que a fan practicamente invisible.