Filo: Arthropoda
Clase: Arachnida
Orde: Araneae
Familia: Araneidae
Xénero: Argiope
Especie: Argiope bruennichi
Decenas de postas de araña avespa poden chegar atoparse en certas zonas, como sucede na Valga (Oia) onde aparecen a partir de setembro penduradas do carrasco e das uces.
Niño de Argiope no que se pode apreciar a súa forma esférica. Dentro a araña deposita os ovos dos que sairán, ao pouco tempo as pequenas arañas pasando todo o inverno no seu interior.
Tal vez sexa, dentro das arañas que teñen un tamaño apreciable, a máis fermosa das que podemos ver no Baixo
Miño.
Destaca a súa cor, formada por bandas amarelas enmarcadas por franxas negras e separadas por outra banda abrancazada.
A finais de agosto podemos vela facilmente a moi pouca altura do chan, onde constrúe as súas teas, caracterizadas por unha estrutura,
na parte inferior, en forma de zigue-zague. A postura que adoita esta araña é coas patas estendidas e cabeza cara abaixo.
En realidade a cor descrita corresponde á femia. O macho é de pequeno tamaño e non destaca en absoluto. A partir de finais de agosto as arañas comezan a levar a cabo a posta dos ovos.
DATA E LOCALIZACIÓN DALGUHAS POSTAS:
-22-12-2012 (varias postas. A Valga, Oia).
-03-08-2013 (A Pedrada, Tomiño)
O dorso do abdome presenta uns delicados debuxos formados por liñas negras,como se
os trazos fosen feitos por un consumado artista manexando un rotulador de tinta indeleble ou, se somos máis clásicos, unha plumilla
e tinta china. Entre estas liñas un amarelo limón da unha nota de cor onde tamén atopamos un branco máis ou menos crema.
As patas presentan tamén pequenas manchas negras que serven para camuflar co fondo a presenza desta araña.
SECCIÓN ENTOMOLÓXICA : "Pelegrín Franganillo"
(ARAÑA AVESPA OU ARAÑA TIGRE)