CONVOCATORIA  DE  EMPREGO
 

A Asociación Naturalista “Baixo Miño” (ANABAM) oferta un posto de emprego para recén graduados en Bioloxía, Ciencias Ambientais ou Ciencias do Mar

 

Publicada 02/03/2018
 

Graduado en Bioloxía

     Convócase unha praza para persoas recén graduadas en Bioloxía, Ciencias Ambientais ou Ciencias do Mar ao abeiro do Proxecto Píllara-Borrelho 2018 (seguimento da poboación e protección de niños de Píllara das dunasCharadrius alexandrinusLinnaeus, 1758) no Baixo Miño galego-portugués. O contrato pretende proporcionar unha primeira experiencia/oportunidadelaboral para persoas recén graduadas. O contrato será a tempo parcial por 25 horas á semana por tres meses.

     

Perfil

     Recén obtido o Grao en Bioloxía, Ciencias Ambientais ou Ciencias do Mar (persoas graduadas nos cursos académicos 2014-2015, 2015-2016 ou 2016-2017).

     Capacidade de traballo individual e en equipo.

     Capacidade de auto-organización.

     Capacidade de transmitir coñecementos oralmente.

     Persoa proactiva e responsable.

Condicións

     Contrato de3 meses (15 de Abril ao 15 Xullo).

     Xornada parcial (62,5 % xornada completa).

     Salario 625 mensuais + ata 185 de suplemento por desprazamento.

     Flexibilidade horaria (a negociar co persoal seleccionado en base aos requerimentos do proxecto).

     Dispoñibilidade para realizar seminarios, obradoiros de voluntariado e charlas de educación ambiental coa cidadanía.

     Posibilidade de variación da xornada en función da carga de traballo.

     Indispensable vehículo propio.

 

     

     A persoa que se incorpore aoproxecto  recibirá unha formación inicial entre o 1 e o 15 de Abril que incluirá os seguintes aspectos: coñecemento da área de traballo, identificación da especie, localización e seguimento de postas, divulgación e educación ambiental así como xeraroutrosmateriais divulgativos.

A persoa contratada responsabilizarase da redacción dos informes semanais e informe final do proxecto.

A solicitude dirixirase por correo electrónico ata o día 15 de Marzo de 2018 ás 23:59 h a voluntariado.anabam@gmail.com acompañada do CV. O CV virá acompañado dos documentos xustificativos dos méritos alegados.

     Ademais das tarefas propias do proxecto a persoa seleccionada poderá ser eventualmente requerida para outras necesidades da asociación dentro do horario de traballo.

 

 

 

Portada