Distribución de Honkenya na bisbarra do Baixo Miño galego. Círculo azul, único enclave onde está presente na actualidade. Punto vermello, poboación extiguida como mínimo dende a década dos setenta. O botánico Baltasar Merino, xa a citaba "en los arenales de la desembocadura del Miño".
Clase...................... Magnoliopsida
Subclase................ Caryophyllidae
Orde...................... Caryophyllales
Familia..................Caryophyllaceae
Subfamilia............. Alsinoideae
Xénero.................. Hockenya
Especie................. H. peploides
Floración: Primavera.
Froito: Verán.
Zonas observación: Mougas; Moledo; Vila Praia de Âncora; Arda
Calificación ANABAM para a bisbarra: En perigo crítico
No paseo costeiro realizado o venres 02-04-2010, visitamos a pequena praia que se encontra enfronte do cámping
“O Muiño” na parroquia de Mougás (concello de Oia). Esta é a única zona de todo o Baixo Miño na que crece unha pequena planta de follas
carnosas e flores brancas chamada Honckenia peploides. Este fito fixo que ANABAM realizara unha campaña informativa co fin de
dar a coñecer a súa presenza para tentar protexela e conservala, dado que é lugar de paso habitual tanto de pescadores como de todas
aquelas persoas que baixan á praia dende as instalacións do propio cámping.
A poboación de Honckenia atópase
por riba do límite que alcanza a auga durante a preamar. Nembargante, a coincidencia, estes últimos días, de mareas vivas cunha forte
marusía fixo que durante a preamar o nivel da auga alcanzase cotas moi superiores as normais, polo que unha parte dasHonckenias se
viron afectadas. A forza das ondas arrastrou parte da area que cubría as raíces dunha boa parte das plantas localizadas na marxe suroeste
da poboación, danando algunhas e deixando outras á vista. Pode que incluso arrastrara algunhas das plantas que delas brotan posto
que nesa zona son menos as que agora quedan. Mágoa que se vira afectada a única poboación desta especie presente no Baixo Miño.
Parte da poboación de Honckenia peploides foi danada polas últimas marusías
Froito. (24-06-2006)
2018 NOVO PROXECTO DE REINTRODUCIÓN de Honckenia peploides EN CAMPOSANCOS (A GUARDA)
Neste ano 2018 pretendemos que o areal de Camposancos volva recuperar
novamente un elemento que hoxe non está con nós. Non é esta a primeira vez que o intentamos, xa hai uns anos tratamos de reintroducir
a planta en cuestión, pero sen éxito. Tampouco esta reintrodución supón que sexa novedosa para a zona. Cabe recordar aquí
que a Otanthus marítimus, outra planta dos areais, fora eliminada radicalmente da zona no ano 2001 pola neglixente actuación
por parte da administración local. Durante varios anos Otanthus deixou de verse na citada praia. Pero os labores de reintrodución
da especie levadas por nós, xunto co resto das medidas propostas por ANABAM, consiguiron que na actualidade Otanthus non
só volva verse, senón que o número de exemplares é hoxe máis de dez veces o que había antes da súa desaparición. Un éxito rotundo
para unha especie que no Baixo Miño galego só aparece na praia de Camposancos.
.
É a única poboación desta especie que hai no Baixo Miño. Atópase no Concello de Oia, parroquia de Mougás,
a carón do Camping "O Muíño". Ocupa unha superficie duns 70 metros cadrados. ANABAM a cataloga como especie en perigo para
a comarca. En varias ocasións puxemos panéis informativos da mesma e sempre deu resultado. Pero este ano non o fixemos por falla de
tempo e, posiblemente por esta falta de información, as consecuencias vémolas na fotografía: algunhas matas foron arrincadas. É pouca
cousa pero podería ser máis. Así que, nos vindeiros días procederemos a poñer sendos carteis informativos co obxecto de que os usuarios
desta pequena praia coñezan que esta é unha especie amenazada na nosa comarca, que nesta non hai outro lugar onde apareza e que entre
todos temos que protexela. Ás veces so é cuestión de que a xente estea informada porque o descoñecemento pode ser o peor inimigo do
patrimonio natural.
En abril do pasado ano comentamos os danos sufridos pola única poboación de Honckenya
peploides que hai no Baixo Miño, xusto a carón do Camping "O Muíño" da parroquia de Mougás. A súa área de distribución e moi
pequena, ocupando apenas uns 70 metros cadrados, e daquela unha boa parte das súas raíces quedaran ó descuberto. Mais tarde, no mes
de xullo, varios pes foron arrincados polos usuarios da praia. Nembargantes, o maior estrago produciuse hai uns días coa forte marusía
que afectou a toda a costa atlántica galega. Esta vez, practicamente a totalidade das raíces quedaron ó descuberto pola forza da auga
e soamente na parte mais alta do norte (polo medio pasa o carreiro que utilizan os usuarios do citado cámping para acceder á propia
praia) puidemos fotografar algúns brotes nas raíces espidas. Normalmente, a Honckenya ten superado tanto os ataques do mar
como os dos usuarios da praia, pero córrese un serio risco de que desapareza do Baixo Miño. Polo tanto, é moi necesario coñecela e
protexela, labores nas que todos podemos axudar para preservar a biodiversidade da nosa comarca
ARRANCADOS VARIOS PES
Apenas se ergue do chan uns centímetros. O conxunto das follas de cada póla forma unha disposición piramidal
moi característica.
Esta planta é das máis escasas do Baixo Miño e tamén unha das máis ameazadas.
Está incluída no PES (Plan de Especial Seguimento) desenvolvido por ANABAM, que é o mesmo que dicir que hai unha preocupación
prioritaria por parte desta asociación para a súa protección e conservación.
Na praia portuguesa de Moledo
(municipio de Caminha) está asentada na zona sur, repartida en catro manchas, separadas unhas das outras por escasos metros, o que
significa que non debe haber moitos anos na que toda ela constituiría unha única e ampla unidade.
En todo o Baixo Miño galego, tal e como se pode ver no mapa de arriba, esta planta soamente está presente
a carón do camping O Muíño, en Mougás (Oia). As condicións nas que se atopa son moi precarias e a súa supervivencia vese ameazada.
A escasa presenza de usuarios na pequena praia na que consegue sobrevivir salvouna polo de agora de desaparecer definitivamente nesta
bisbarra. Foi no ano 2001 cando membros de ANABAM observaban por primeira vez esta planta na citada praia e os posterores traballos
de campo realizados polo grupo de traballo desta asociación confirmaban que este era, e segue a ser, o único lugar do Baixo Miño onde
se desenvolve. Dende entón, ANABAM vén tomando medidas de protección e divulgación da mesma levando a cabo proxectos de reintrodución da
especie onde existe constancia da súa presenza histórica. Xa o ilustre botánico Baltasar Merino, xesuita que desenvolveu o seu
labor académico no antigo colexio do Pasaxe (A Guarda), facía mención desta especie na praia de Camposancos, mención que aparece na
súa magna obra Flora descriptiva e ilustrada de Galicia publicada no ano 1905.
O círculo sinala a principal área de máxima presenza de H. peploides cando está en pleno auxe, a partir de mediados da primavera.
É unha superficie duns 60 metros cadrados. Case que un tercio do total da praia.
MÁIS SOBRE AS HONCKENIAS
Inicialmente os exemplares que imos trasplantar proceden dos diferentes
lugares do Baixo Miño galego-portugués onde a mesma está presente. Serán como máximo uns cincuenta pes que plantaremos
en dous ou tres lugares distanciados entre si da praia de Camposancos. Logo efectuaremos un seguimento de como vai desenvolvéndose
a mesma e, no caso de que H. peploides consiga saír adiante, estimamos que en tres anos podería haber xa unha interesante
poboación.
.