B I O D I V E R S I D A D E
- F L O R A -
Portada
Honkenya peploides
FLORA

     Distribución de Honkenya na bisbarra do Baixo Miño galego. Círculo azul, único enclave onde está presente na actualidade. Punto vermello, poboación extiguida como mínimo dende a década dos setenta. O botánico Baltasar Merino, xa a citaba "en los arenales de la desembocadura del Miño".

Clase...................... Magnoliopsida

Subclase................ Caryophyllidae

Orde...................... Caryophyllales

Familia..................Caryophyllaceae

Subfamilia............. Alsinoideae

Xénero.................. Hockenya

Especie................. H. peploides

 

 

Floración: Primavera.

Froito: Verán.

 

Zonas observación: Mougas; Moledo; Vila Praia de Âncora; Arda

 

Calificación ANABAM para a bisbarra: En perigo crítico

Texto: Agustín Ferreira Lorenzo
Fotos: Carlos Angílica Entenza-anabam
Agustín Ferreira Lorenzo-anabam
30-06-011
    O círculo vermello sinalao o estado no que se atopa unha das manchas de Honckenya na praia de Moledo, cando aínda o areal non está moi frecuentado polos bañistas. Se non se toman medidas, a especie pode desaparecer en poucos anos.(Fotografía obtida o luns 27-6-2011)
10-07-2010

    No paseo costeiro realizado o  venres 02-04-2010, visitamos a pequena praia que se encontra enfronte do cámping “O Muiño” na parroquia de Mougás (concello de Oia). Esta é a única zona de todo o Baixo Miño na que crece unha pequena planta de follas carnosas e flores brancas chamada Honckenia peploides. Este fito fixo que ANABAM realizara unha campaña informativa co fin de dar a coñecer a súa presenza para tentar protexela e conservala, dado que é lugar de paso habitual tanto de pescadores como de todas aquelas persoas que baixan á praia dende as instalacións do propio cámping.

     A poboación de Honckenia atópase por riba do límite que alcanza a auga durante a preamar. Nembargante, a coincidencia, estes últimos días, de mareas vivas cunha forte marusía fixo que durante a preamar o nivel da auga alcanzase cotas moi superiores as normais, polo que unha parte dasHonckenias se viron afectadas. A forza das ondas arrastrou parte da area que cubría as raíces dunha boa parte das plantas localizadas na marxe suroeste da poboación, danando algunhas e deixando outras á vista. Pode que incluso arrastrara algunhas das plantas que delas brotan posto que nesa zona son menos as que agora quedan. Mágoa que se vira afectada a única poboación desta especie presente no Baixo Miño.

Parte da poboación de Honckenia peploides foi danada polas últimas marusías

 

Texto e fotos: Manuel A. Pombal Diego
05-04-2010

Froito. (24-06-2006)

2018 NOVO PROXECTO DE REINTRODUCIÓN de Honckenia peploides  EN CAMPOSANCOS (A GUARDA)

    

       Neste ano 2018 pretendemos que o areal de Camposancos volva recuperar novamente un elemento que hoxe non está con nós. Non é esta a primeira vez que o intentamos, xa hai uns anos tratamos de reintroducir a planta en cuestión, pero sen éxito. Tampouco esta reintrodución supón que sexa novedosa para a zona. Cabe recordar aquí que a  Otanthus marítimus, outra planta dos areais, fora eliminada radicalmente da zona no ano 2001 pola neglixente actuación por parte da administración local. Durante varios anos Otanthus deixou de verse na citada praia. Pero os labores de reintrodución da especie levadas por nós, xunto co resto das medidas propostas por ANABAM, consiguiron que na actualidade  Otanthus non só volva verse, senón que o número de exemplares é hoxe máis de dez veces o que había antes da súa desaparición. Un éxito rotundo para unha especie que no Baixo Miño galego só aparece na praia de Camposancos. 

 

    

         En todo o Baixo Miño esta planta soamente está presente a carón do camping O Muíño, en Oia. As condicións nas que se atopa son moi precarias e a súa supervivencia vese ameazada. A escasa presenza de usuarios na pequena praia na que consegue sobrevivir salvouna polo de agora de desaparecer definitivamente do Baixo Miño. Nesta praia, ANABAM ven tomando medidas de protección e divulgación da mesma dende que membros desta asociación descubriran a súa presencia na mesma, alá polo ano 2001. Antigamente, segundo citas do xesuita P. Baltasar Merino (publicada na súa obra Flora descriptiva e ilustrada de Galicia -1905-), estaba presente na praia de Camposancos, de onde desapareceo hai varias décadas, sen poder confirmar cando, pero tal vez teña que ver coa extracción de area da mesma, actividade que cesou "oficialmente" nos primeiros anos da década dos oitenta do século pasado. ANABAM tratou en varias ocasións de reintroducila nesta praia, pero polo de agora os esforzos foron infructuosos pois no mellor dos casos, ainda que chegaron a rebrotar, non permaneceron máis aló de dous anos. No obstante, esta asociación conservacionista segue a tratar de recuperar esta especie no areal camposino, ó igual que xa ven facendo e con total éxito con outra especie que desapareceo no ano 2001, Otanthus maritimus.

 

11-02-2008

      É a única poboación desta especie que hai no Baixo Miño. Atópase no Concello de Oia, parroquia de Mougás, a carón do Camping "O Muíño". Ocupa unha superficie duns 70 metros cadrados. ANABAM a cataloga como especie en perigo para a comarca. En varias ocasións puxemos panéis informativos da mesma e sempre deu resultado. Pero este ano non o fixemos por falla de tempo e, posiblemente por esta falta de información, as consecuencias vémolas na fotografía: algunhas matas foron arrincadas. É pouca cousa pero podería ser máis. Así que, nos vindeiros días procederemos a poñer sendos carteis informativos co obxecto de que os usuarios desta pequena praia coñezan que esta é unha especie amenazada na nosa comarca, que nesta non hai outro lugar onde apareza e que entre todos temos que protexela. Ás veces so é cuestión de que a xente estea informada porque o descoñecemento pode ser o peor inimigo do patrimonio natural.

     En abril do pasado ano comentamos os danos sufridos pola única poboación de Honckenya peploides que hai no Baixo Miño, xusto a carón do Camping "O Muíño" da parroquia de Mougás. A súa área de distribución e moi pequena, ocupando apenas uns 70 metros cadrados, e daquela unha boa parte das súas raíces quedaran ó descuberto. Mais tarde, no mes de xullo, varios pes foron arrincados polos usuarios da praia. Nembargantes, o maior estrago produciuse hai uns días coa forte marusía que afectou a toda a costa atlántica galega. Esta vez, practicamente a totalidade das raíces quedaron ó descuberto pola forza da auga e soamente na parte mais alta do norte (polo medio pasa o carreiro que utilizan os usuarios do citado cámping para acceder á propia praia) puidemos fotografar algúns brotes nas raíces espidas. Normalmente, a Honckenya ten superado tanto os ataques do mar como os dos usuarios da praia, pero córrese un serio risco de que desapareza do Baixo Miño. Polo tanto, é moi necesario coñecela e protexela, labores nas que todos podemos axudar para preservar a biodiversidade da nosa comarca

ARRANCADOS VARIOS PES

     Apenas se ergue do chan uns centímetros. O conxunto das follas de cada póla forma unha disposición piramidal moi característica.

     Esta planta é das máis escasas do Baixo Miño e tamén unha das máis ameazadas.

     Está incluída no PES (Plan de Especial Seguimento) desenvolvido por ANABAM, que é o mesmo que dicir que hai unha preocupación prioritaria por parte desta asociación para a súa protección e conservación.

     Na praia portuguesa de Moledo (municipio de Caminha) está asentada na zona sur, repartida en catro manchas, separadas unhas das outras por escasos metros, o que significa que non debe haber moitos anos na que toda ela constituiría unha única e ampla unidade.

18-01-2018
16-09-2016
 

     En todo o Baixo Miño galego, tal e como se pode ver no mapa de arriba, esta planta soamente está presente a carón do camping O Muíño, en Mougás (Oia). As condicións nas que se atopa son moi precarias e a súa supervivencia vese ameazada. A escasa presenza de usuarios na pequena praia na que consegue sobrevivir salvouna polo de agora de desaparecer definitivamente nesta bisbarra. Foi no ano 2001 cando membros de ANABAM observaban por primeira vez esta planta  na citada praia e os posterores traballos de campo realizados polo grupo de traballo desta asociación confirmaban que este era, e segue a ser, o único lugar do Baixo Miño onde se desenvolve. Dende entón, ANABAM vén tomando medidas de protección e divulgación da mesma levando a cabo proxectos de reintrodución da especie onde existe constancia da súa presenza histórica.  Xa o ilustre botánico Baltasar Merino, xesuita que desenvolveu o seu labor académico no antigo colexio do Pasaxe (A Guarda), facía mención desta especie na praia de Camposancos, mención que aparece na súa magna obra Flora descriptiva e ilustrada de Galicia publicada no ano 1905.  

Texto: Agustín Ferreira Lorenzo
 As plantiñas empezan a agromar, nunha nova etapa do seu crecemento anual.  No inverno a parte exterior destas plantas practicamente desaperece, quedando unicamente as raíces baixo a area.   (Foto obtida o 5 de febreiro de 2008)

 

anabam_web008003.jpg

O círculo sinala a principal área de máxima presenza de H. peploides cando está en pleno auxe, a partir de mediados da primavera. É unha superficie duns 60 metros cadrados.  Case que un tercio do total da praia. 

 

 
16-09-2016
Texto: Agustín Ferreira Lorenzo

MÁIS SOBRE AS HONCKENIAS

Texto e fotos: Manuel A. Pombal Diego

           Inicialmente os exemplares que imos trasplantar proceden dos diferentes lugares do Baixo Miño galego-portugués onde a mesma está presente.  Serán como máximo uns cincuenta pes que plantaremos en dous ou tres lugares distanciados entre si da praia de Camposancos. Logo efectuaremos un seguimento de como vai desenvolvéndose a mesma e, no caso de que  H. peploides consiga saír adiante, estimamos que en tres anos podería haber xa unha interesante poboación. 

    

A desaparición desta especie na citada praia produciuse, pois, no século XX, sen poder precisar, con máis ou menos acerto, en que ano foi, mais non nos estrana que puidera ter relación coa extracción de area que se levou a cabo nas décadas dos sesenta, setenta e primeiros anos dos oitenta. ANABAM tratou en varias ocasións de reintroducila nesta praia, pero polo de agora os esforzos foron infructuosos, xa que, no mellor dos casos, ainda que chegaron a rebrotar ao ano seguinte, non conseguiron establecerse. No obstante, esta asociación conservacionista segue tratando de recuperar a especie no areal camposino.