GUÍA ANABAM DAS

ÁREAS RECREATIVAS DO BAIXO MIÑO

 

EQUIPO RESPONSABLE

AXENTE FORESTAL..............................................Emilio Alonso Gómez

AXENTE FORESTAL....................... José Miguel Escanciano Maricalva

AXENTE FORESTAL................................................Ricardo da Silva Diz

FOTÓGRAFO................................................................Luis Dorado Senra

 

COLABORADORES...................................................Membros do GT de ANABAM

 

Portada

Área recreativa de Chans

  

Localización

Concello:   A Guarda

Parroquia: Camposancos

Lugar:        Monte Tegra (As Chans)

                                                                                                                                  

Coordenadas Datum WGS 84, huso UTM 29 T:     X   511086

                                                                                   Y 4638155

Instalaciónns:   - Acceso a persoas con discapacidade  (Non está adaptada)                    

 

Acceso:           Coche: Si      Autobús : Si

 

Autor e data das fotografías: Luis Dorado Senra, Outubro 2017

 

Descripción e algúns datos de interes

Atopamos esta área situada preto do antigo campo de fútbol de Chans. Ao carón do campo de fútbol poderemos contemplar a árbore mais voluminosa do Baixo-Miño: o denominado eucalipto de Alcides.

Na área recreativa, como en todo o monte Tegra, as especies arbóreas son moi variadas, moitas delas de especies exóticas,  e poderemos ver entre outras castiñeiros, faias, bidueiros, sequoias, cedros etc.

Limitando con esta área atoparemos tamén o denominado como “Bosque  para unha Bolboreta”. Unha plantación de Érbedos levada a cabo pola asociación Anabam co obxectivo de preservar a unha bolboreta que se alimenta exclusivamente das follas deste arbusto. É a bolboreta dos Érbedos (Charaxes jasius).

Dentro da área destacan dous monumentos: un, o mais recente, adicado ao xesuíta e botánico,  pai Baltasar Merino. O outro, con motivo da conmemoración do 30

aniversario da asociación “Anabam”, en agradecemento á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos.

 

 

Monumento ao xesuíta pai “ Baltasar Merino”  

Recomendacións: En xeral, non deixar o lixo nas papeleiras ou contenedores no período invernal xa que normalmente non teñen recollida nestas épocas do ano.

 Se ves lume chama ao 085 e para calquer emerxencia ao 112, as chamadas son de valde

 E recorda que a pesares de que os montes teñen propietarios,  disfrutámolos todos.

Inauguración do monumento ao pai xesuíta “Baltasar Merino”

                                       

Inauguración do monumento na honra do  pai "Baltasar Merino"
Monumento, XXX aniversario de ANABAM

Vista panorámica do Baixo-Miño dende o cumio do Monte Tegra.