Coa túa colaboración podemos seguir desenvolvendo proxectos de protección e conservación da biodiversidade do Baixo
Miño.
Se queres asociarte descarga a ficha premendo nela. Cúbrea e logo a envías a ANABAM por correo electrónico:
anabam.anabam@gmail.com
CUOTAS
(por ano natural)
SOCIO NORMAL....................... 30 euros
SOCIO GRUPO TRABALLO....... 15 euros
SOCIO FAMILIAR.......................30
euros + 5 euros cada
membro máis
ESTUDANTE............................. 15 euros
PARADO................................... 15 euros
NECESITAMOS DA TÚA AXUDA
asóciate - colabora
QUERO AXUDAR ECONOMICAMENTE
NO PROXECTO QUE SINALO
Se queres axudar economicamente a un determinado proxecto de ANABAM, podes elexilo premendo na ficha de abaixo
para descargala, procedes a cubrila e a envías ao correo electrónico:
Ti elixes
a cantidade que queres aportar
Se queres participar activamente nalgún dos proxectos desenvolvidos por ANABAM, preme na ficha de abaixo para descargala
e cubrila. Logo enviaa a ANABAM a través do seguinte correo electrónico:
Soci@s e colaboradores reciben gratuitamente as publicacións editadas por ANABAM.
Tamén
gozarán de ventaxas fronte @s non asociad@s.
Pero o máis importante.... é que grazas @s
voluntari@s,
soci@s e
colaboradores, a NATUREZA e o MEDIO AMBIENTE da bisbarra do Baixo Miño conta con xente que trata de evitar agresións,
que promove o estudo e divulgación da biodiversidade e axuda a concienciar á poboación á prol do patrimonio natural.
En ANABAM traballamos para defender o patrimonio natural do Baixo Miño galego-portugués, por
riba de intereses políticos, económicos ou relixiosos.
O apoio económico e/ou colaboracionista dos socios
e simpatizantes, é fundamental para desenvolver con máis éxito e eficacia os obxectivos que perseguimos.
Faéndote socio, estás axudando á defensa do patrimonio natural de xeito independiente de calquera interese económico, político e/ou
ideolóxico.
Necesitamos o teu apoio para frenar o deterioro do medio ambiente e da biodiversidade.
SE ESTÁS INTERESADA/O EN FORMAR PARTE* DESTA ASOCIACIÓN, QUE LEVA MÁIS DE 30 ANOS TRABALLANDO NA COMARCA GALEGO-PORTUGUESA DO
BAIXO MIÑO, PODES FACELO CUBRINDO A FICHA DE SOLICITUDE DE SOCI@
*Non poderán formar parte de ANABAM, as persoas que agredan de xeito interesado á natureza (paisaxe,
biodiversidade, patrimonio arqueolóxico, etc), como cazadores, directivos e/ou propietarios de empresas que dañen a sabendas e/ou
non poñen os medios para evitar eses danos.
POLÍTICA DE PRIVACIDADE: Os datos de carácter personal aportados formarán parte do fichero da asociación tendo, como única
finalidade, o de ter a relación de socios e o envío de material da propia asociación. Estes datos serán tratados de forma confidencial,
nunca serán cedidos a terceiras persoas e serán de uso exclusivo de ANABAM. Os socios poden acceder, rectificar ou cancelar
os seus datos dirixindo un escrito ó enderezo electrónico de ANABAM.