ACTIVIDADES SOCIOS: DE COGOMELOS POLO BAIXO MIÑO - Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

ANABAM
Apdo 59 (Calvario, 44-baixo) 36780-A Guarda (Po) Móbil-WhasApp: 61 61 80 557 Correo electrónico: anabam.anabam@gmail.com
ANABAM
Vaya al Contenido

ACTIVIDADES SOCIOS: DE COGOMELOS POLO BAIXO MIÑO

TRABALLOS DE CAMPO. CAMPAÑAS. ACTIVIDADES
DATA
ESPECIE
LUGAR
UTM: X
UTM:Y
18/XI/2012
Cordyceps militaris
A Valga (Oia)
511.933
4.647.883
    Para este outono temos unha actividade de campo a desenvolver dende outubro a mediados de decembro que demos en chamar: DE COGOMELOS POLO BAIXO MIÑO.
    Está destinada aos membros de ANABAM que desexen colaborar neste traballo de campo.

A  ACTIVIDADE:

    Trátase de que cada membro de ANABAM fotografíe as setas que atope nos seus percorridos campestres pola nosa bisbarra, tirando dúas ou tres fotos, en diferentes vistas, de cada cogomelo. O seguinte paso é que as identifique se é posible. Finalmente que tome as coordenadas do SIXPAC (mellor coordenadas UTM) e faga un corte e pega do mesmo SIXPAC ou de google maps.

       Para os que teñan gañas de profundizar no tema, tamén poden facer unha breve descrición das características, tanto do fungo como do entorno no que se observou.

           Expoñemos a continuación algún exemplo, aínda que cada quen pode facer como o desexe.

      Ten que ser deste ano 2020.

       Calquera dúbida ou aclaración, dirixirse a ANABAM, admítense suxerencias para mellorar este traballo. Unha vez rematado, publicaremos os datos tanto nesta web como na revista CARRIZAL.
Reto: seredes capaces de chegar ás DEZ ESPECIES?


DATA
ESPECIE
LUGAR
UTM: X
UTM:Y
21/X/2008
Sparassis crispa
(Repolo do monte)
Piñeiral praia de camposancos. A Guarda
510.837
4.635.929
E se queres formar parte de ANABAM
como socia ou socio,
preme AQUÍ
Cogomelo que ten certa semellanza cun repolo.
Observado ao pé dun piñeiro, en terreo areoso.
Regreso al contenido