ENCLAVE NATURAL DA PEDRADA (TOMIÑO)

 

CADRÍCULA      X:17 -  Y:50

 

 

IR Á PORTADA

 

IR A MAPA INTERACTIVO

 

 

 

 

 

   

Texto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

   

Actualizada o 30-06-2017

 

 

    A PEDRADA é un enclave natural de montaña, situado no municipio de Tomiño cuxo cumio atópase a 520 metros de altitude.

 

 

    Sitúase ao norte da Serra do Argallo, da que forma parte, entre as parroquias de Barrantes e Vilachán do Monte.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

     

 

     

 

Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenz-anabam

 

 
     

Actualizada o 14-09-2013

 
 

 

 

     

    Debía facer algo así como dous anos que non visitabamos este enclave tomiñés, polo que dende hai un tempo tiñamos previsto achegarnos ata el para recoller información de campo. A ocasión chegounos o 3 de agosto e parte do grupo de traballo de ANABAM, xunto con antigos membros desta asociación iniciamos a visita ao mesmo

 
   

    Carlos Boullón (antigo membro de ANABAM con residencia actual na Pobra do Caramiñal) achegouse coa súa familia para facernos unha visita e participar nunha das saídas de campo que facemos tódolos sábados.  Unha das primeiras observacións foi a dun esgonzo (Chalcides bedriagai) nas inmediacións da Pedrada.

 

 
 

 

 

    A araña tigre (Argiope buennichi) pasa por ser un dos máis fermosos arácnidos que habitan na bisbarra baixomiñota. É a femia a que presenta estas cores tan rechamantes que nos lembran as cores dos grandes felinos. Nesta época, estas arañas xa se preparan para iniciar a posta. Non tardará en construir a bolsa onde depositará os ovos e onde nacerán, aos poucos días, ducias de arañas. Nesa bolsa as pequerrechas pasarán o inverno.

 

 

     Un saltón non conseguiu desfacerse da trampa na que caiu. Unha excelente reserva de alimento para a nosa araña tigre.

 
 

 

 

    Nesta posición pouca ortodoxa, Javier, membro do equipo de traballo, trata de filmar unha das arañas tigre. Oportunidades, dende logo, tivo dabondo.

 
 

 

 

      Non tardamos en atopar un niño doutra das arañas que habitan nesta zona, a Micrommata virescens. Perfectamente traballado, a araña verde aproveitou as follas do fento para recubrir a bolsa confeccionada e ofrecer así unha mellor protección fronte ás inclemencias meteorolóxicas. No seu interior están os ovos.

 

 

 

 
   

     Os arácnidos non nos defraudaron, gozamos da observación de diferentes especies e todas elas cos seus niños preparados e contendo no seu interior os ovos. Neste caso unha das máis perigosas en canto a súa picadura, xa que adoita ser moi dolorosa, trátase da Cheiracantium, custodiando o niño que fixo coa súa tea reforzado con gramíneas, unha marabilla de construción natural capaz de resistir o inverno próximo. Nós, con precaución, observámola atentos aos seus movementos para non ter un disgusto. Logo deixámola perfectamente, sen incordiala máis.

 
 

 

 

 

 
 

Deixamos a pista da esquerda (centro da imaxe) para iniciar a subida ao Alto da Pedrada. Dende o sendeiro que nos conduce á cima, damos unha ollada

aos arredores desta paraxe: ao fondo observamos a Serra do Galiñeiro, a nosa dereita o río Miño e Portugal (non se ven na fotografía).

 

 
   

       E durante a nosa ascensión, seguimos atopando novas arañas, como esta que aparece nun cardo e que pasa facilmente desapercibida debido a súa cor de camuflaxe, mimetizándose perfectamente co soporte no que se atopa. Trátase de

Thomisus onustus, arañas que teñen a particularidade de cambiar de cor para adaptarse á flor na que están.

 
 

 

 

 

    Pousado no noso brazo, un dos varios ortópteros que vimos no pastizal, trátase dunha chicharra. Trátase dunha femia co seu oviduto preparado para empezar a posta.

 

    Os ortópteros son insectos masticadores, alimentación herbívora. Na fotografía o individuo posiblemente sexa Ephippiger ephippiger.

 

 
 

 

Por fin chegamos ao comio, coroado por unha torreta de vixianza contra incendios.

 
 

 

 

      Silvia, membro do equipo de traballo, retírase logo de ler a inscripción que se atopa aos pes da crus:

 

 
 

 

 

     O Alto da Pedrada é un dos varios  vértices xeodésicos que hai no Baixo Miño. Estes vértices serven para sinalar unha posición xeográfica exacta, axudando así ao trazado de mapas topográficos. Debido a que se atopan en puntos altos e dominantes, dende onde se poden ver outros vértices xeodésicos, as vistas tamén adoitan ser espléndidas, como as que se aprecian nas dúas fotografías de abaixo: á esquerda a ponte da Amizade cruzando o Miño á altura de Goián-Vila Nova de Cerveira e, á dereita, a desembocadura do Miño e o Trega.

 
 

 

 
 

 

     E como remate da visita-traballo, unha foto de grupo como recordo da nosa subida ao Alto da Pedrada.