PATRIMONIO ETNOGRAFICO, ARQUEOLÓXICO, CULTURAL...

 

A CAMBOA (OIA)

 

PATRIMONIO

MUÍÑOS DE VENTO

A CAMBOA (OIA)

SALINAS SEIXAL

SALINAS PRERROMANAS

(A GUARDA)

CASTELO DE SANTA CRUZ (A GUARDA)

PESQUEIRAS

 

RUTA DAS

CETARIAS

MARCAS MARIÑEIRAS

UTEIS MARIÑEIROS

 

 

 

 

 

 

 

IR Á PORTADA

 

      Actualizada o 14-04-2012  
 

LOCALIZACIÓN

 

 

Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo

 

 
 

 

Da Camboa só queda en pe a estructura inferior. A liña vermella percorre o dique norte, dende o seu inicio, na parte superior, fóra da liña de marea, ata o seu remate, no centro da enseada. A lonxitude total é de aproximadamente 110 metros dos que uns cincuenta corresponden ao último tramo, que é o que habitualmente queda semisubmerxido. A liña punteada constituiría o dique sur, máis deteriorado que o dique norte e apenas perceptible. A lonxitude deste dique é duns 25 metros. A canle de entrada ronda os seis metros.  O ancho medio do dique é duns 6 metros. (Fotografía do SIGPAC).

 
       A CAMBOA  
 

 

 

    Data da época medieval, a súa construcción sitúase no século XVI e débese aos monxes cistercienses, chamados tamén monxes brancos pola cor dos seus hábitos, que habitaron a maior xoia arquitectónica que posúe Oia: o Mosteiro, unha estructura de incalculable valor que ninguén parece preocuparse pola súa conservación se non é pensando en que dé cartos e, por conseguinte, coma negocio. Se non é así, o mosteiro acabará coma outras tantas xoias arquitectónicas e históricas do Baixo Miño: desaparecerá, ata que, por obra e graza dalgunha mente privilexiada, se faga unha recostrucción do que houbo pero da orixinal tal vez so queden algúns restos.

 

      Está ubicada no porto de Oia, fronte ao citado mosteiro, e dela soamente quedan as ruínas. Segundo lemos na hemeroteca, a Camboa foi derruída alá polo ano 1979 por mor dun grande temporal que azotou a costa galega.

 

   É totalmente visible nas mareas máis vivas do ano, permitindo, durante a baixamar,  contemplar o que queda da estructura deste muro de pedra que percorre, de norte a sur, a enseada do porto e cuxa finalidade foi a de atrapar aos peixes que quedaban retidos, cando baixaban a marea, entre a praia e o dique.

 

    Na fotografía da esquerda, vista do mosteiro cisterciense dende a Camboa.

 

 
 

 

 

 Silueta da Camboa cando as mareas non son vivas. O dique cumpliu unha función básica na obtención de recursos alimentarios mariños que serviron, non só para alimentar aos monxes senón, tamén, á poboación dos arredores.

 

    No ano 2009, por encargo da Xunta de Galicia, fíxose un estudio técnico para a recuperación do dique, mais, polo de agora, a Camboa segue no seu estado ruinoso. Neste senso temos que engadir que moitos  estudiosos, de distintos países, son partidarios de non tocar ás estructuras, deixando que estas pervivan namentres o tempo o permita, pois consideran que calquera actuación nas mesmas, sempre representa un cambio substancial no entorno, nos materiais e, mesmo, na propia estructura que, mesmo en moitos casos, acaba por non parecerse ou parecerse lexanamente á orixinal ou cambiando radicalmente tanto o seu uso coma as súas características.

 
 

 

 

  BIODIVERSIDADE MARIÑA DA CAMBOA E ARREDORES

 

     Aproveitando a marea viva do pasado 7 de abril, estivemos no Porto de Oia para recoller información da biodiversidade existente nas pedras que conforman o dique e arredores. Temos que salientar que, polo menos a primeira vista, toda a enseada do citado porto é espectacular pola grande riqueza biolóxica que presenta e que se aprecia perfectada na marea baixa. A zona é unha chaira pedregosa con outeiros que se elevan por riba da media. Abondan as pozas mariñas e fendeduras, máis ou menos anchas que dan cobixo a un sinfín de animais, ademais dalgunhas algas.

 

    Fotografía da esquerda, unha persoa camiña por riba da Camboa na procura de "marisco" de rocha": como  lapas ou caramuxas.

 
 

 

 

       

 
 

 

 

     Estructuras a modo de celdas construídoas por un verme mariño (Sabellaria alveolata) que aparece abandosamente, non só na Camboa senón, tamén, ao longo de todo o litoral baixomiñoto, na liña inferior da marea. Ás veces, estas estructuras arrecifaes ocupan varios metros cadrados de superficie. No interior das mesmas as Sabelarias atopan acubillo tanto para protexerse dos depredadores coma dos embates das ondas e mesmo son aproveitadas por un variado mundo de pequenos invertebrados.

 
 

 

    Hinia reticulata é un gasterópodo detritívoro, ou sexa, aliméntase de restos orgánicos, facendo un extraordinario labor de limpeza. Abonsodosos en toda a costa, non pod´`ian faltar tampouco na Camboa. En moitas ocasións, as cunchas valeiras de Hinia están ocupadas por cangrexos ermitáns.

 
         
 

 

      Nucella lapillus, é outro dos abondosos gasterópodos que podemos ver en toda a costa e, por suposto, tamén noporto de Oia. Son coñecidos vulgarmente como "corniños" e, algunhas persoas tamén os recollen, ao igual que as caramuxas, para degustalos, aínda que non é apreciado, nin de lonxe, como estas. Hainos de distintas cores e con relieves máis ou menos marcados. Son carnívoros, perforando as cunchas doutros gasterópodos para se alimentar.

 

   Ao lado dos Nucela, observamos outros dous gasterópodos, máis pequenos e achatados, con bandas de cor viño tinto. Son os hervíboros Guibbula umbilicalis.

 
         
 

 

O pepiño de mar (Aslia sp) é unha holoturia que tamén habita nestas augas. O seu corpo é coriáceo, cun aspecto acaramelizado na parte inferior. Agárrase fortemente aos rochedos cos seus tentáculos cando pretendemos collelo, expulsando uns fíos brancos como defensa.

 
         
 

 

    Leathesia difformis é un alga globosa, amarela-verduxenta, oca, que aparece abondosamente nos arredores do dique e tamén neste.

 
         
 

 

      Abondosas tamén son as estrelas de mar, coma esta Marthasterias glacialis de grande tamaño que andaba por riba das Ulvas, na procura de facerse con algún molusco co que se alimentar.