Xylocopa violacea

 

ABELLÓN DA MADEIRA

ABELLÓN NEGRO

 

 

      Actualizada o 04-08-2012  
 
Fecha: Agosto,2012
Philum: ARTHROPODA
Clase: INSECTA
Orden: HYMENOPTERA
Familia: ANTHOPHORIDAE
Genero: Xylocopa
Especie: Violacea
Municipio: A Guarda
Lugar: Camposancos
Estación: Primavera-verán

 

 
 

                                                                           Foto: http://www.encyclopedie-universelle.com

 

 

     Os abellóns da madeira ou abellóns negros, pertencen ao grupo dos himenópteros, familia Apidae.

 

      Teñen un tamaño apreciable, uns 3 centímetros. Frecuentes e doados de ver sobre todo na primavera, nas flores como a glicina, para alimentarse do néctar.

 

   Teñen unha cor negra e as ás posúen reflexos azuis metálicos. Non son agresivas pero as femias posúen un aguillón co que poden picar. Os machos carecen del.

 
   

                                                                                                                               Foto: Olga Rodríguez Vicente

 

    Juan "O Fontanero", un veciño de Camposancos, A Guarda, regalounos esta curiosidade que podemos ver na fotografía. cando se dispuña a meter un trozo de madeira no lume, viu saír un abellón, dun burato na mesma, polo que procedeu de inmediato a retirar a mesma. A curiosidade fixo que abrira con coidade  dita madeira e, para a súa sorpresa observou o contido: varias celas, con larvas e mesmo algún ovo. Así que, púxose en contacto con nós por si nos interesaba este achádego.

 

    O abellón negro constrúe unha galería no interior dunha madeira seca para construír o niño. A madeira é perforada coas súas fortes mandíbulas. Alí deposita varios ovos na primavera, separados uns dos outros por celas, formadas por tabiques de serrín e unha capa que asemella cera e que debe ser, probablemente, unha mestura de néctar e polen co que se alimentarán as larvas.

 

    Expresamos o noso agradecemento a Juan por este agasallo, que pasa a engrosar os fondos naturaes da asociación.