SOBREIRAL DE FARO

 

ESPACIO PRIVADO DE INTERESE NATURAL (EPIN)

 

 

CADRÍCULA 12-45

 

(VILADESUSO  OIA)

 

Equipo de Campo: Carlos Angíliza Entenza, Silvia Bautista Salgueiriño, Luis Dorado Senra; Agustín Ferreira Lorenzo, Antón Ferreira Lorenzo, Noé Ferreira Rodríguez,  Mª Consuelo González de Dios, Manuel A. Pombal Diego, Ricardo Portela Vilas, Fco. Javier Sánchez González e Ricardo da Silva Diz.

 

 

IR Á PORTADA

 

      Actualizado o 10-09-2011  
     

 

Texto: Agustín Ferreira

Fotos: Agustín Ferreira

Manuel A. Pombal

Ricardo Portela

 

 

 
 

 

 

   

     Nova visita ao Espazo Privado de Interese Natural (EPIN) Sobreiras do Faro, en Viladesuso, Oia.

     A visita de traballo fíxémola o sábado 3 de setembro, de cinco a oito da tarde, percorrendo o sobreiral e recollendo información de campo relacionada fundamentalmente coa súa biodiversidade.

     As visitas anteriores tiveron lugar no inverno (xaneiro, 2011), primavera (marzo e maio, 2008) e agora esta, que ten lugar case que ao final do verán. A idea e ir recollendo información diversa de acordo coas distintas estacións e, mesmo, cos distintos meses.

     O grupo de traballo estivo formado polos seguintes membros de ANABAM: Ricardo da Silva Diz, Carlos Angílica Entenza, Andrés da Silva Vicente, Elena da Silva Vicente, Antón Ferreira Lorenzo, Manuel A. Pombal Diego, Ricardo Portela Vilas, Mª Consuelo González de Dios e Agustín Ferreira Lorenzo.

 
         
 

 

        Nun dos momentos da saída, na que os compoñentes do equipo de traballo están atentos a unha das "explicacións xocosas" dun dos membros do equipo, en relación a unha "cagarruta" que hai no chan.

 
     
     
         
 

 

     

 
 

Os comuneiros, propietarios deste EPIN, habilitaron varios miradoiros cara ao sobreiral ao longo do sendeiro que bordea o mesmo,

permitindo unha observación doada deste espazo natural.

 
         
 

 

Que saibamos, esta é a mellor e máis extensa mancha de sobreiras existente no Baixo Miño, por iso, dende ANABAM valoramos moi positivamente o esforzo desenvolvido pola Comunidade de Montes de Viladesuso nas xestións realizadas para que, este

espazo natural, se convertese nun EPIN (Espazo Privado de Interese Natural), unha figura de protección que pon en valor

este patrimonio natural.

 

 
         
 

 

Nestas alturas do ano, principios de setembro, o río leva moi pouca auga e, mesmo, hai tramos que están secos.

 

 
         
 

 

Gerris lacustris, coñecido vulgarmente polo nome de zapateiro, é un dos insectos acuáticos máis comúns nas masas de auga doce, onde podemos velos deslizándose pola superficie. No Sobreiral do Faro, por suposto que tampouco podía faltar.

 

 

Daboecia cantabrica é unha planta que pertence á familia das ericáceas ao igual que os carrascos e as uces.

 
         
 

 

RELACIÓN DE ESPECIES FAUNÍSTICAS ATOPADAS NA VISITA REALIZADA

 

 Insectos:

Crisocarabus lateralis

Lucanus cervus  (Vacaloura)

Gerris lacustris (Zapateiro)

 

Anfibios:

Rana iberica (Ra patilonga)
Rana perezi (Ra verde)

Bufo bufo (Sapo común)
Chioglossa  Lusitanica (Salamandriña galega)

 

Réptiles
Anguis fragilis (Escáncer)

Podarcis hispanica (Lagartixa iberica)

 

Aves
Garrulus glandarius (Gaio)

Fringilla coelebs (pimpín)

 

 

 

A Podarcis hispanica, é un dos lacértidos

 que habitan neste espazo natural.

RELACIÓN DAS ESPECIES DE FLORA DAS QUE SE RECOLLERON NOTAS DE PRESENZA

 

Osmunda regalis (Fento Real
Pyrus cordata (Pereira Brava)
Ruscus aculeatus (Xilbarbeira)
Dryopteris filix-max (Fento macho)

Frangula alnus (Sanguiño)

Crataegus monogyna (Estripeiro)

Viola sp (Violetas)

Umbilicus pendulinus (Ombligo de Venus)

Erica árbórea (Uz)

Erica spp.(Uz)

 

 

 
         
 

Bufo bufo é o nome vulgar do sapo que todos coñecemos e que ten unha mala fama totalmente inxustificada, pois nin bota aire nin nos fae dano algún. Son individuos pacíficos e totalmente inofensivos.

 

Xa temos os primeiros cogumelos, coma este Phallus impudicus que fotografamos nunha zona na que había uns cantos exemplares que se delataban por si sós gracias ao fedor que desprenden nas proximidades de onde se atopan.

 

Crisocarabus lateralis, é un dos escarabellos máis fermosos que non falta no Sobreiral.

 
         
 

 

 

        Actualizado o 18-01-2011  
             
 

 

       Tiñamos pendiente unha nova visita a este EPIN do Baixo Miño, agora xa, definitivamente, con título oficial. Así que, aproveitando unha tregua meteorolóxica, o sábado 16 deste mes de xaneiro  o grupo de traballo de ANABAM, formado nesta ocasión por seis membros (Carlos Angílica, Luis Dorado; Agustín Ferreira Chelo González; Antonio Jiménez e Manuel A. Pombal) achegouse ata o sobreiral. A iso das 16,30 horas estabamos nel. O día non era propicio para a fotografía paisaxística. O ceo cuberto non era o mellor para obter instantáneas do entorno que mereceran a pena, aínda así, algo fixemos. A obtención de datos de campo tampouco foi moi positiva, limitándonos a anotar algunha que outra especie, véxanse cadros 1 e 2.

 

 

 
             
 

FAUNA OBSERVADA

Salamandriña rabilonga

Crisocarabus lateralis

Pega marza

 

 

 

Como sucede en todo o Baixo Miño, aquí tamén está presente o Gonipterus scutelatus, o gorgullo dos eucaliptos, como se pode apreciar nas follas destas árbores.

 

 
     
     
     
     
       
 

FLORA OBSERVADA

 

Prunus spinosa (Abruñeiro)

Erica lusitanica

Quercus robur

Quercus suber

Sanguiño

Eucaliptus globulus

Siveiros (en exceso)

 

 

   
     
           
   

 

O río de Broi, que cruza o sobreiral de este a oeste, levaba bastante auga, coma corresponde ao período de chuvias no que estamos.

 

 
     
             
 

Do coleóptero denominado Crisocarabus lateralis, soamente atopamos nesta ocasión, debaixo dunha rocha, os élitros dun exemplar.

 

 

  

 

     O abruñeiro é un dos arbustos que forman parte da biodiversidade do sobreiral do Faro. Os exemplares que puidemos ver foron todos eles bastante cativos aínda así, merece a pena telos en conta.

 
   
   
   
   
             
 

     O mércores 12 de xaneiro deste ano 2011, saía publicado no DOGA nº 7o Decreto 222/2010, do 23 de decembro, polo que se aproba o Plan de conservación do Espazo Privado de Interese Natural Sobreiras do Faro. Este EPIN corvértese así no primeiro espazo galego con esta denominación, algo que, na historia conservacionista do Baixo Miño, merece a pena ser destacado polo que representa, tanto dende o punto de vista natural coma de exemplo para outras comunidades de montes.

 

   

Algunhas sobreiras amosan a pegada do seu aproveitamento, cando destas árbores se recollía a súa cortiza para facer colmeas, corchos, etc. Hoxe estes usos, ou algúns deles, xa decaíron.

 

 
   
   
   
   
   
   
             

 

   

SOBREIRAL DO FARO

 

Actualizado o 05-05-2008

 
             
 

 

Entre dúas ladeiras, discorre o arroio Viladesuso, amosando as pedras

espidas que deixaron as riadas do ano 2006.

 

Achegarse ao Sobreiral de Faro é unha actividade aconsellable para os que desexen un contacto coa natureza, disfrutando dunha paisaxe que, si ben nestes intres é de certa tristura polos efectos do lume, non deixa de ser relaxante cando escoitamos o canto do carrizo, observamos o voo dun miñato ou sentimos o discorrir da auga do arroio próximo. Este EPIN da Comunidade de Montes de Viladesuso, cremos que é un magnífico acerto que deberan seguir outras comunidades da bisbarra que posúen paraxes naturais que ben merecen ser protexidos.

 

     Tal vez sería positivo a colocación dalgún cartel informativo tanto do sobreiral como da flora e fauna que o mesmo contén, non deixando de lado informacións relativas a certas prohibicións no mesmo: prender lume, facer fogueiras, emporcallar o regato, etc, etc., así como a colocación de indicadores para chegar ata el. Dende ANABAM, queremos felicitar aos promotores por esta magnífica proposta. Cousas como esta son as que verdadeiramente contan. Nosos parabéns. 

 

 

 
   
   
   
   
             
 

 

As violetas florecen aproveitando a humidade do arroio de Viladesuso.

 

 

Asphodelus album empezaba a florecer cando estivemos no sobreiral, o sábado 8 de marzo. 

 

 
     
             
 
 

 

Masa boscosa que forma o Sobreiral.

 

 
 
             
 

 

 

O porte dalgunhas sobreiras é realmente impresionante.

 

 

 
 
             
 

Os opilións son artrópodos semellantes as arañas, teñen as patas moi longas e o cefalotórax e o abdome unidos  formando unha soa peza como este que atopamos no Sobreiral do Faro.

 

 
             
 
 

Tres membros de ANABAM, Carlos, Chelo e Antón, obtiveron numerosas fotografías do sobreiral.

 
             
 
 

Agustín Ferreira, presidente de ANABAM, abrazando o tronco dunha das sobreiras mentres Olga Iglesias, colaboradora desta asociación, achégase para facer o mesmo.

 

 

   

SOBREIRAL DO FARO

 

Actualizado o 16-03-2008

 
             
 

LOCALIZACIÓN DO SOBREIRAL DO FARO

    Coordenadas UTM: Aproximadamente entre  

 X: 511700   a  X: 512400

Y: 4654600  a  Y: 4655000

MUNICIPIO:  Oia.

PARROQUIA: Viladesuso

SUPERFICIE: 9,72 Ha.

COTA MÁXIMA: 320 metros ao NE do EPIN.

CURSO: Río de Viladesuso.

 

ACCESO: A través da estrada comarcal 552. Subimos en dirección a Mougás, pasando o núcleo poboacional, aproximadamente un quilómetro despois collemos o sendeiro que hai á dereita e continuando por éste aproximadamente outro quilómetro. Andaremos un quilómetro máis, bordeando o río para atoparnos coas primeiras sobreiras. 

 

>=<>=<>=<>=<>=<>=<>=<>=<

   

    A visita levada a cabo por membros de ANABAM o 8 de marzo, un día despois de ser publicada no DOGA a declaración provisional do Sobreiral como EPIN, serviunos para tomar un primeiro contacto deste enclave natural. 

 

     As primeiras sobreiras que observamos polo sendeiro que transcurre paralelalemente ao río ata o núcleo do sobreiral, causounos unha grande decepción, pois por unha banda moitas tiñan o tronco calcinado por efecto dos incendios de agosto do ano 2006 e, por outra banda, polos efectos "colaterais" que a maquinaria que está a traballar no monte causa nas mesmas. 

 
             
 

 

 

 

 

Unha das sobreiras amosa ao longo do tronco o pouco cuidado que hai coas mesmas por parte das persoas que están a traballar coa maquinaria no monte. (Foto: Manuel A. Pombal "Peque"-anabam).

 

 
   
   
   
   
   
   
             
 
 

 

 

 

 

As primeiras sobreiras que atopamos amosan os efectos do incendio que asolou esta zona no mes de agosto do ano 2006. Os troncos chamuscados e de cor negro aínda manchan as nosas mans cando os tocamos. Pero estas árbores foron quen de resistir e aí continúan para noso deleite. (Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam).

 

 

 
   

 
             
 

 

 

A medida que nos achegamos ao sobreiral, pasamos por varios pasos canadienses que impiden ao gando cabalar saír dos seus recintos. (Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam)

 

 
             
     

 

 

 

Chámanos a atención este cartel  colocado hai uns anos nas cercanías do sobreiral. A pesares de que estamos no termo municipal de Oia, nel non figura para nada este municipio e trata como "comarcas" a Vilagarcía, Redondela e Tomiño.

 

 

 

 
             
 

O río, ó igual que todos os da comarca, sufriu as consecuencias das riadas de setembro do 2006 arrastrando todo o que se atopaba na súa superficie. Hoxe aparecen espidas as pedras que ata aquel entón, estaban cubertas de terra. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Aínda que este non foi un outono nin inverno moi chuviosos, o arroio levaba sufiente auga permitindo a supervivencia dalgunhas das especies ligadas a este elemento como ras e salamandriñas rabilongas.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
   
   
   

 

SOBREIRAL DO FARO

Actualizado o 16-03-2008

 

      A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible ven de declarar de xeito provisional, por un prazo máximo de dous anos, como Espazo privado de interese natural (EPIN) as Sobreiras do Faro, ubicadas no termo municipal de Oia, a petición da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Viladesuso, de acordo a Orde do 18 de febreiro de 2008 (DOG nº 48, do 7 de marzo de 2008).

 

      Os espazos privados de interese natural é unha das categorías nas que se clasifican os espazos naturais protexidos (Lei 9/2001do 21 de agosto).

 

      A declaración dun EPIN é competencia da Consellería de Medio Ambiente e D.S., levándose a cabo por petición dos propietarios dos terreos afectados. A xestión destes espazos naturais correspóndelles aos propietarios.

 

     Dentro do plazo provisional (dous anos) os promotores deberán presentar un plan de conservación, requisito imprescindible para a súa declaración como EPIN.

 

    O Servicio Provincial de Conservación da Natureza en Pontevedra emitiu informe favorable sobre a declaración deste espazo natural.

 

      Para que se produza a declaración definitiva como EPIN, a Comunidade de Montes de Viladesuso deberá achegarlle á Consellería de Medio Ambiente o plan de conservación deste espazo, de non facelo no plazo estipulado, a devandita Consellería entenderá que dita Comunidade desistiu da súa solicitude.

 

 

     O pasado sábado día 8 de marzo, membros de ANABAM visitaron este espazo natural para recoller información directa do mesmo, tanto da flora como da fauna e mesmo da paisaxe e do entorno.  É de lamentar, polo que observamos, o pouco cuidado que os operarios que están limpando a zona teñen para con as sobreiras. Poidemos ver as marcas deixadas sobre un bo número delas pola maquinaria que se utiliza e resulta triste que, nun enclave que se pretende protexer, se teña tan pouco cuidado en no danar os exemplares que motivan, precisamente, a súa pretendida declaración como EPIN.

 

 

    A visita que levamos a cabo ao sobreiral, tiña como principal obxectivo comprobar se a salamandriña galega (Chioglossa lusitanica) estaba presente no tramo correspondente ao futuro EPIN. As nosas espectativas víronse confirmadas xa que no transcurso duns 100 metros, atopamos tres exemplares de mediano tamaño. (Foto: Manuel A. Pombal "Peque"-anabam).

 

 

Tamén, a escasos metros do río, poidemos ver un sapo común (Bufo bufo) de pequeno tamaño, que se agochaba baixo dunha pedra.

(Foto: Manuel A. Pombal "Peque"-anabam)

 

 

Outro dos exemplares atopados foi a píntega común (Salamandra salamandra). (Foto: Manuel A. Pombal "Peque"-anabam)

 

 

Un membro de ANABAM (Agustín Ferreira) e unha voluntaria (Olga Iglesias), fotografían ao sapo común.

(Foto: Manuel A. Pombal "Peque"-anabam)

 

 

Membros de ANABAM nun momento de relax durante os traballos de de recollida de información da flora e fauna do Sobreiral do Faro.

(Foto: Manuel A. Pombal "Peque"-anabam).