PATRIMONIO ETNOGRAFICO, ARQUEOLÓXICO, CULTURAL...

 

AS SALINAS DO SEIXAL (A GUARDA)

 

PATRIMONIO

MUÍÑOS DE VENTO

A CAMBOA (OIA)

SALINAS SEIXAL

SALINAS PRERROMANAS

(A GUARDA)

CASTELO DE SANTA CRUZ (A GUARDA)

PESQUEIRAS

 

RUTA DAS

CETARIAS

MARCAS MARIÑEIRAS

UTEIS MARIÑEIROS

 

 

 

 

 

 

 

IR Á PORTADA

 

   

Actualizada o 9 decembro 2015

    

       O vindeiro venres, 18 de decembro terá lugar na Casa dos Alonso, unha charla divulgativa sobre as salinas do Seixal, recentemente escavadas para obter as primeiras informacións das mesmas.  A charla será impartida pola directora da escavación, Mar Cortegoso quen nos dará conta sobre os primeiros resultados desta, tamén, primeira escavación.

 

     ANABAM, coorganizadora, xunto co Concello da Guarda, desta charla, vai seguir traballando para conseguir que estas salinas, ou polo menos parte delas, poidan ver a luz o antes posible, poñéndoas en valor para que, tanto propios como foráneos, coñezan unha parte da historia deste pobo.

 

    Non nos resistimos a que sigan permanecendo ocultas, baixo xo terra, por eso xa presentamos no Concello da Guarda un escrito para traballar na dirección de adquirir unha das fincas onde se atopan parte das salinas.

 

    Dado que consideramos moi interesante que os veciños da Guarda coñezan estas salinas, queremos invitar a tódalas persoas a que asistan o día da charla á Casa dos Alonso. Cremos que os guardeses deben ser partícipes deste evento, porque o que somos hoxe, debémolo ao que fixeron os nosos predecesores.

 

 

   

 

 

 

 

 

Actualizada o 25-08-2015

 

 

 

Texto e fotos:  Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

 

 

 

 

 

Estas pedras verticais que sobresaen de entre os seixos, indican claramente que son os pequenos muros dunha salina soterrada baixo eses seixos. Seguro que a partir de agora imos fixarnos máis nestes detalles cada vez que andemos pola costa sur guardesa.

 

 

  

     Segundo as testimuñas do membro de ANABAM, Antón Ferreira Lorenzo, polo menos ata a década dos anos oitenta, eran visibles as salinas do Seixal, ao igual que parte das que había no Puntal e no norte da Guarda.

 

     Corría o ano 1983, cando Antón Ferreira e Antonio Español, naquela membros da Agrupación Cultural Guardesa, percorreron a costa guardesa interesados en coñecer a localización das salinas escavadas nos rochedos, ben en rochas soltas, exentas, ou ben en laxes.

 

     No seu percorrido observaron varias desas salinas, pero tamén observaron varios tramos de enlousado que, por aquel entón, non sabían que función poderían ter e, mesmo, de que época eran. Todo eran conxeturas, que si unha vía de comunicación, cousa que descartaron deseguido debido as pequenas paredes verticais que sobresaían...

 

    No ano 1984, o susodito Antón Ferreira invitou a varios alumnos da Academia Ferreira, onde imparte clase, a que lle acompañaran pola costa. Provisto dun metro, mediu o enlousado que sobresaía e se deixaba ver na zona do Seixal. A medición deu máis de 180 metros de lonxitude.

 

    Segundo nos conta Antón Ferreira, o enlousado das salinas, na costa Sur, iría dende os inicios do Seixal, máis ou menos por onde empeza a pasarela de madeira, ata as proximidades de Sollás.

 

     
 

Aquí apreciamos unha canle de desaugue das salinas.

 

 

     Lembra Antón que, nunha finca, na zona de Sollás, viu como un particular, facendo unha fosa séptica, extraía varias lousas do fondo, o que presumiblemente poderían pertencer tamén a posibles salinas nesa zona.

 

    Destes achádegos e a título persoal, enviou sendos escritos á Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia e Museo de Castrelos, cousa que fixo no ano 1984. Nunca recibiu resposta dos mesmos.

 

    Dende hai bastantes anos, as salinas da costa sur da Guarda quedaron parcialmente ocultas polos centos de seixos que se acumulan alí, mentre que, presumiblemente, outros tramos xa estean desaparecidos por mor dos violentos embates do mar destes últimos anos. É posible que no Puntal aínda se atopen restos, pero de habelos, estes estean baixo a area da praia.

 

     
       32 anos despois daquela primeira observación, un equipo de arqueólogas e un arqueólogo desenterran unha pequena parcela co obxectivo de obter datos destas estructuras. Tratarán de confirmar se son de época romana, medieval ou... características, tamaño, etc. Lembremos que en Oia, xa hai varias décadas, apareceran tamén unhas salinas semellantes, das que practicamente non se sabe nada, pois hoxe están desaparecidas conservándose, que se saiba, unha antiga fotografía sacada por un mestre. Descontando pois esta salina de Oia, as máis cercanas á Guarda están no Areal, en Vigo ( na rúa Rosalía de Castro e nalgunha outra máis), Estas salinas viguesas están alonxadas do mar debido aos continuos recheos realizados na zona para ampliar a superficie urbana. Na Guarda, como vemos, están mesmo a carón do mar, tanto é así, que no inverno, e mesmo na primavera, non é raro que os temporais fagan que a oleaxe sobrepase a pasarela de madeira. Tamén hainas no litoral portugués, pero a moitos quilómetros de aquí, en Esposende.
     

 

Catro días despois de iniciados os traballos arqueolóxicos, o resultado do que hai baixo os seixos está á vista. A pena é que isto ten que volver a ser novamente tapado para preservalo da oleaxe cando hai forte temporal, cousa que se da tódolos anos.

 

       A grande extensión destas salinas, esta grande infraestructura, tiña que ter, moi probablemente, unha función comercial, de produción de grandes cantidades de sal. Pero iso terán que decilo os arqueólogos que traballaron nesta escavación. Outra dúbida que intentarán despexar é si eran romanas ou medievais, pois a cousa non parece estar moi clara.
     

A escavación preséntanos un pavimento pétreo con pequenos "tanques" de decantación, formados por paredes que están entre

os 10 e os 20 cm 20 cm de altura. Supoñemos que as xuntas estarían seladas con algún material tipo arcilla para evitar as fugas.

 

 

 

 

 

Cinco persoas, catro mulleres e un home, traballaron durante seis días nas salinas

do Seixal. De aí obterán datos cos que farán, no prazo máis ou menos dun mes,

un informe final. Logo está previsto que se dea a coñecer entre a poboación local

o que se fixo neste lugar.

 

 

 

 

 

    

     Por sorte ou por desgraza, estas salinas tiveron que ser tapadas novamente pois, de non ser así, os embates da oleaxe, cando chegue o mal tempo, encargaríanse de acabar co que queda delas.

     Unha das preguntas que moita xente se fai, e nós mesmos tamén nos facemos, é como se construíron estas salinas rente ao mar? Isto pode ter unha fácil resposta. Hai algo máis de 2000 anos, nos séculos I e II antes de Cristo, o nivel do mar atopábase máis baixo que na actualidade.  O que hoxe é a intermareal, seguramente estaba cuberta por unha capa de terra dalgúns metros de espesor para, máis cara ao mar, probablemente se estendese un areal. Polo tanto, as salinas que hai no Seixal, e outras que percorren parte da costa guardesa, ben poderían estar afastadas da liña de marea varias ducias de metros con respecto á actualidade. Pero o mar, co paso dos s´´eculos, foi subindo de nivel, ata chegar ao que hoxe podemos ver, e segue subindo.  Para facermos unha idea disto podemos establecer a seguinte comparación: imaxinemos que no piñeiral da praia de Camposancos, na zona que ocupan os piñeiros, construímos unha determinada infraestrutura, por exemplo, uns tanques. O mar está preto pero a certa distancia, uns 200 metros, hai unha praia enfronte, a do Puntal, e aínda que haxa forte ondaxe este non chega ata o interior do piñeiral. Pero é probable, tal e como se prevé, que dentro de 100 anos o nivel do mar sexa máis alto do que hai agora e dentro de 150 aínda máis, así que as infraestruturas que tiveramos no piñeiral veranse afectadas polas ondas e, mesmo, pola propia subida do nivel do mar. Pois, máis ou menos é probable que isto fose o que acontecese coas salinas da costa. O mar foi subindo de nivel, ata o punto que hoxe, nas preamares, chega a carón delas.  Outra pregunta que nos podemos facer: as salinas foron abandonadas debido á subida do nivel do mar?, debido a que non eran rendibles? hai outras posibles causas? Tal vez os traballos de investigación deste equipo de arqueólogos nos digan algo ao respecto.

 

     

 

Á esquerda a responsable da empresa Gabinete Arqueolóxico, de Santiago de Compostela.

Á dereita a directora desta escavación, Mar Cortegoso.

 

 

       Á esquerda Mª José Bóveda, responsable da empresa, Gabinete de Arqueoloxía,  que traballa nas salinas guardesas e á dereita Mar Cortegoso, directora desta escavación. Ámbalas dúas facendo unha cata nunha finca anexa á zona escavada, para comprobar se estas salinas se extendían máis arriba, cousa que, efectivamente, así se constatou.

      A ámbalas dúas dámoslles as máis expresivas grazas tanto pola boa dispoñibilidade e amabilidade co que nos acolleron como pola información que nos facilitaron.

 

     

   

        A raíz destas escavacións, transcribimos a continuación a primeira información e estudo das salinas de A Guarda. A divulgación das mesmas fíxose por medio dun sinxelo folleto mecanografiado e fotocopiado que se distribuíu co boletín Carrizal no mes de xullo do ano 1984 pola Agrupación Cultural Guardesa, sendo os seus autores o miembro de ANABAM, Antón Ferreira Lorenzo xunto con Antonio Español Gil, por aquel entón, ámbolos dous membros da citada agrupación cultural. Este folleto no ten desperdicio, describíndonos perfectamente o que había na primeira década dos oitenta na costa guardesa, sen que, ata entón, ninguén lles prestara a atención que merecían estas construcións. Lamentablemente moito daquilo xa se perdeu sen que ninguén fixera nada ata hoxe.

 

 

 

 

 

     Próximos a Punta Barbela, ya en la desembocadura del Miño -el Flumen Major de los romanos- se inicia este itinerario pétreo (inédito hasta la fecha) que se desarrollará, con importantes interrupciones debidas a la actividad humana, al efecto de las mareas o a la acumulación natural de tierras, hasta los límites del municipio natural de A Guarda, en Punta Bazar, después de un recorrido por toda la costa de más de 10 kilómetros.

Pta. Barbela: 40 metros de losas y bordillos que, salvo en un corto tramo de poco más de 13 metros, pasan practicamente desapercibidos.

      Por este lugar se localizan los vestigios más interiores que del enlosado hemos podido prospectar. Se ubican muy cerca de un camino que conduce al molino de viento situado en el denominado Outeiro Pequeno.

 

 

 

 

 

     
       Sollás (Pedra Alta): Existe por este lugar un camino que presenta las mismas características que el del enlosado además de ubicarse sobre el mismo recorrido. Precisamente en este lugar constatamos un dato revelador: al abrirse un "pozo negro" en el interior de una propiedad particular , aproximadamente a diez metros a la derecha del citado camino y a unos 50 centímetros de profundidad, quedaron al descubierto las losas verificando que hasta aquel lugar, y aún más, alcanzaba un vial que hoy sólo ocupa un metro y medio. Otro testimonio que nos ofrece esta zona es la existencia de un importante bordillo transversal de unos 30 metros de longitud.
     
       O Seixal: Varios tramos de diferentes medidas pero también en diferentes altitudes. Presencia de bordillos longitudinales y transversales: hasta 19 metros de enlosado y bordillos hemos podido medir sobre el tramo que pretenden sea la futura carretera de orillamar y que de llevarse a cabo su construcción eliminará una importante obra pública que pertenece a un pasado más o menos remoto. Sin embargo la importancia de este enclave viene dada por la gran longitud del enlosado descubierto: más de 240 metros de itinerario pétreo en forma de losas, bordillos, escalones, canales, etc.
     

 

       Pta. Bazar: El segundo enclave privilegiado junto con el de O Seixal (o el primero que tanto monta, monta tanto) pues si en este era la longitud lo que primaba, en Pta. Bazar será la anchura: más de 30 metros, desgraciadamente testimoniados sólo por los bordillosy algunhas losas que todavía se conservan de lo que debió ser una espectacular extensión empedrada configurada en terrazas o escalonamientos (hasta cuatro hemos constatado) limitados por sus correspondientes bordillos longitudinales (también transversales), a inferior nivel los contiguos según la terraza a la que están.

 

       Bordillos: Los bordillos, en cierta manera, "parcelan" el enlosado. Presentan un doble trazado: longitudinales, recorriendo el enlosado en toda su longitud y transversales que se disponen perpendicularmente a aquellos y dejando entre sí espacios que oscilan entre 1,30 metros y 5,50 metros. Tanto en uno como en otro caso, los bordillos sobresalen unos centímetros por encima del nivel del enlosado lo que nos lleva a suponer que esta obra no era precisamente un camino. En ocasiones, y como ya señalábamos anteriormente, es un bordillo doble el que delimita los tramos (o las superficies desarrolladas longitudinalmente); en este caso uno de los bordillos suele estar a inferior nivel que el otro: son "fronteras" de diferentes terrazas, más bajas cuanto más próximas al mar.

 

Antonio Ferreira Lorenzo

Antonio Español Gil

1984