FLORA  DO  BAIXO  MIÑO

 

Romulea

(ABERIOTAS)

 

Coordinación: Agustín Ferreira Lorenzo

Equipo de Campo: Carlos Angíliza Entenza, Luis Dorado Senra; Agustín Ferreira Lorenzo, Noé Ferreira Rodríguez,  Mª Consuelo González de Dios, Manuel A. Pombal Diego, Ricardo Portela Vilas e Ricardo da Silva Diz, Ángeles Villasenín Álvarez

 

 

IR Á PORTADA 

 

IR A  FLORA DO BAIXO MIÑO

 

ROMULEAS:

R. clusiana

R. ramiflora

R. columnae

R bulbocodiun

 

 

A GUARDA E CAMINHA ÚNICOS LUGARES

DO NORTE PENINSULAR CON PRESENZA DAS CATROS

ESPECIES DE ABERIOTAS

 

  Actualizada o 25-3-2015
 

Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo-ANABAM

FLORACIÓN

 

 

XA FE MA AB MA XU XUL AG SE OU NO DE
                       
 

     As Romuleas, en galego aberiotas,  son un grupo de plantas que, no Baixo Miño, florecen de febreiro a abril. O seu nome fai referencia, a Rómulo, un dos fundadores, iso é o que conta a lenda, de Roma que, xunto co seu irmá xemelgo, foi amamantado por unha loba.

 

 

 

 

    Na Península Ibérica hai catro especies de Romuleas, das que, tres delas, están amplamente distribuídas, pero a zona entorno á desembocadura do Miño (A Guarda e Caminha), teñen un especial interese botánico, por canto son os únicos lugares do norte e franxa atlántica onde imos atopar, precisamente, as catro. Concretamente teñen o seu hábitat nunha pequena extensión, a un e outro lado do Miño, con características similares: substrato areoso colonizado artificialmente por piñeiros.

     

 As catro especies presentes no Baixo Miño:

 

 

R. clusiana;

É a de maior tamñao das catro.

Inconfundible pola súa cor:superior morado, centro unha estreita franxa branca e inferiormente amarela.

Presente fundamentalmente ao longo da costa baixomiñota.

R. ramiflora;

Presente no piñeiral de Camposancos e no piñeiral de Camarido (Caminha).

R. columnae

Adoita ser a máis pequena das catro.

Presente no piñeiral de Camposancos e no piñeiral de Camarido (Caminha)

R bulbocodiun

Amplamente distribuída, tanto pola costa como polos nosos montes.

Colaboradores directos:

   

2014: Agustín Ferreira Lorenzo; Xermán García Romai.

2015: Luis Dorado Senra; Agustín Ferreira Lorenzo; Xermán García Romai.