SECCIÓN ENTOMOLÓXICA "Pelegrín Franganillo"

 

Bembix  rostrata

 

(AVESPA ESCAVADORA)

 

-PROXECTO  BEMBIX-

 

 

Responsable proxecto: Agustín Ferreira Lorenzo

 

BIODIVERSIDADE

FAUNA 

 INSECTOS

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

IR Á PORTADA

 

 

Ir a ÁREA DE PROTECCIÓN AVESPA Bembix

 

 

Un macho permanece espectante mentres a femia entra no niño

 

     

 

 
 

  Philum: Arthropoda

Clase: Insecta

Orde: Hymenoptera

Familia: Crabronidae

Xénero: Bembix

Especie: B. rostrata

Nome común: Avespa escavadora

Municipio: A Guarda

Parroquia: Camposancos

Lugar:  Piñeiral da praia de Camposancos e zona perimetral da propia praia.

Actividade: Dende finais de primavera ata finais de agosto

Distribución: De momento unicamente a temos observado na zona citada anterioremente.

 

 

 
     

   

 

 

TEMPADA  2015

 

    Actualizada o 25-08-2015

 

INTERESANTES OBSERVACIÓNS NA ZONA DE ESTUDO

DO Proxecto Bembix

 

 

Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

     

 

 

     Cando algúns anos atrás empezamos a interesarnos polas avespas do xénero Bembis que observabamos a carón da praia do Muíño (Camposancos) A Guarda, non nos imaxinábamos en absoluto o interese crecente que espertarían en nós, tanto elas como as demais avespas asociadas, directa ou indirectamente, ás mesmas ou a súa área de nidificación. Lembro que ese interese comezou durante o tempo que pasamos filmando a súa actividade, que nos parece tremendamente interesante. A nosa curiosidade foi crecendo ata que decidimos, hai dous ou tres anos, crear a Proxecto Bembix. Con este proxecto pretendiamos facer un seguimento destas avespas e coñecelas mellor, á vez que satisfaciamos a nosa curiosidade. Pero non quedamos estancados aí. Ao ver que a zona onde algunhas delas nidificaban era continuamente pisoteada, pois se atopaba nun sendeiro de terra polo que pasaban nalgúnhas ocasións bastente xente. ocasionándolle molestias ao seu normal desenvolvemento, decidimos ir un pouco máis alá e, neste mesmo ano, en colaboración coa Entidade Local Menor de Camposancos, decidimos protexer dous tramos onde nidificaban. Iso tamén nos facilitou o estudo das Bembix, e permitiunos ver que non estaban soas, que outras avespas as acompañaban.

 

Fotografía da esquerda: Prionyx kirbii, unha avespa cazadora de saltóns. (Foto: Paula Varela-anabam)

 

 

 

 

      

        En efecto. As observacións que estamos levando a cabo directamente nós e tamén as que realizan os nosos colaboradores Paula e Jacobo (universitarios en prácticas) neste verán de 2015, estanos a aportar máis datos dos que inicialmente pensabamos e, sobre todo, estanos permitindo coñecer todo un mundo de avespas escavadoras que, neste caso concreto, estanse a mover en dous tramos duns 22 metros cadrados cada un. Temos avespas que capturan moscas (dípteros), outras están especializadas na captura de arañas, outras de saltamontes. Algunhas aprovéitanse e tratan de poñer o ovo nun niño alleo, para que llas cuiden, etc. etc.

 

 

 

Foto da esquerda: Unha abella da area que formaba parte da comunidade himenóptera dunha das parcelas. (Foto: Agustín Ferreira-anabam)

 

 

 

 

     

     

 

Algo que nos sorprendeu foi coñecer a unhas avespas "que non son avespas", as Mutillidae, que teñen aparencia de formiga xigante ou de araña. As femias carecen de ás, son ápteras e andan a procura dos niños doutras avespas para deixar neles a súa posta. Destas avespas da familia Mutillidae, temos, polo momento, tres especies das que non sabiamos da súa existencia ata agora.

 

Foto da esquerda: Mutillidae inspeccionando un niño de Prionyx (Autora: Paula Varela-anabam)

Fotografía da dereita: Outro mutílido na procura de algún niño onde depositar un ovo (Autor: Agustín Ferreira-anabam)

 

     
    Actualizada o 03-08-2015

 

NOVOS DATOS RECOLLIDOS NA ZONA DE NIDIFICACIÓN

DE Bembix rostrata

 

 

Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

     

 

 

     Oito son as avespas, pertencentes a diferentes familias e xéneros, que temos rexistrado na zona de nidificación de Bembix no entorno da praia de Camposancos e que teñen algo en común: son escavadoras, capturan presas vivas que paralizan e lévanas ata o interior do niño, agás unha delas, pertencentes á familia Chrysididae, a denominada avespa cuco, que se aproveita das outras:

 

     -Bembix rostrata

     -Bembix oculata

     -Phylanthus

     -Podaloria hirsuta (?)

     -Sphex sp.

     -Pomphilus sp.

     -Chrysididae

     -Ammophila sabulosa

 

     Na fotografía da esquerda, unha avespa Bembix rostrata escavando na entrada do niño.

 

 

 

 

     O estudo que estamos a facer da Bembix rostrata permítenos ir ampliando os datos que recollemos tanto da propia avespa como da zona de nidificación e fauna entomolóxica asociada.

 

 

 

 

      Imaxe da esquerda, avespa Bembix rostrata transportando unha mosca cara ao niño.

     

       

 

Catro das especies que temos observado na área de nidificación de Bembix rostrata na zona da praia do Puntal, en Camposancos.

Todas elas son avespas escavadoras, solitarias, que depredan sobre diferentes insectos: arriba á esquerda Sphex sp. faino sobre saltóns;

arriba, á dereita, Bembix oculata, captura dípteros (moscas); abaixo á esquerda, descoñecida polo momento, pero podería tratarse dunha avespa cazadora de arañas; abaixo á dereita Phylanthus posiblemente triangulatum, depresa sobre abellas.

 

     

 

    Actualizada o 03-08-2015

 

NOVOS DATOS RECOLLIDOS NA ZONA DE NIDIFICACIÓN

DE Bembix rostrata

 

 

Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

     

 

 

     Oito son as avespas, pertencentes a diferentes familias e xéneros, que temos rexistrado na zona de nidificación de Bembix no entorno da praia de Camposancos e que teñen algo en común: son escavadoras, capturan presas vivas que paralizan e lévanas ata o interior do niño, agás unha delas, pertencentes á familia Chrysididae, a denominada avespa cuco, que se aproveita das outras:

 

     -Bembix rostrata

     -Bembix oculata

     -Phylanthus

     -Podaloria hirsuta (?)

     -Sphex sp.

     -Pomphilus sp.

     -Chrysididae

     -Ammophila sabulosa

 

     Na fotografía da esquerda, unha avespa Bembix rostrata escavando na entrada do niño.

 

 

 

 

     O estudo que estamos a facer da Bembix rostrata permítenos ir ampliando os datos que recollemos tanto da propia avespa como da zona de nidificación e fauna entomolóxica asociada.

 

 

 

 

      Imaxe da esquerda, avespa Bembix rostrata transportando unha mosca cara ao niño.

     

       

 

Catro das especies que temos observado na área de nidificación de Bembix rostrata na zona da praia do Puntal, en Camposancos.

Todas elas son avespas escavadoras, solitarias, que depredan sobre diferentes insectos: arriba á esquerda Sphex sp. faino sobre saltóns;

arriba, á dereita, Bembix oculata, captura dípteros (moscas); abaixo á esquerda, descoñecida polo momento, pero podería tratarse dunha avespa cazadora de arañas; abaixo á dereita Phylanthus posiblemente triangulatum, depresa sobre abellas.

 

     

 

    Actualizada o 25-06-2015

 

INICIADA UNHA NOVA TEMPADA DE

ESTUDO DA AVESPA Bembix rostrata

 

 

Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

     

 

 

     Cando chega finais de maio ou principios de xuño, e a calor comeza a deixarse notar, emerxen con forza, e non disimulada actividade, as avespas Bembix, ocupando exactamente os mesmos enclaves que o fixeran, o ano anterior, os seus proxenitores. Nós esperabamos con ansiedade a chegada deste momento, pois xa tiñamos gañas de realizar novas observacións sobre estas interesantes avespas da area.

 

      Neste ano 2015 os primeiros exemplares comezamos velos dous ou tres días despois de iniciado o mes de xuño, aínda que días antes xa viramos algún que outro burato que delataba que algunha incipiente actividade debía haber.

 

     A fotografía da esquerda amosa un macho sobrevoando a zona de nidificación.

 

 

 

 

     Tódalas capturas que realizan estas avespas, polo menos segundo as observacións que temos efectuado ata o de agora, son sobre dípteros de diferentes especies e xéneros.  

 

    Na fotografía, unha femia introduce no niño unha das moscas capturadas para alimentar á larva.

 

     As presas, que son paralizadas por medio do veleno que lles introducen as avespas, permanecen vivas aínda que inmobilizadas. Segundo as nosas observacións, as moscas permanecen neste estado entre un e dous días, pasados as cales morren se non foron consumidas antes. Deste xeito, a larva terá alimento fresco diariamente.

     

 

 

Observamos que unha das plantas que visitan con bastante asiduidade para libar é o cardo da praia (Eryngium maritimum). Na flor desta especie temos observado varios exemplares, tanto machos como femias. Na fotografía un macho sobre unha flor de cardo.

 

 

 

 

 

TEMPADA  2014

 

      Actualizada o 22-09-2014  
 

 

MÁIS DATOS DA AVESPA BEMBIX

 

 

Texto: Agustín Ferreira Lorenzo

 
 

 

    Ata agora, tiñamos dedicado o noso tempo de observación da avespa excavadora, ás poboacións existentes en tres sendeiros determinados do piñeiral de Camposancos, que se achan á esquerda da estrada de baixada á praia do Muíño. Aí empezamos neste ano 2014 as observacións da presente tempada, pero os labores levados a cabo no piñeiral, a partir do mes de xullo, consistentes fundamentalmente na corta de piñeiros, motivou que  o terreo quedara danado e, consecuentemente, a poboación de avespa que aniñaba sufrira as consecuencias negativas para o seu normal desenvolvemento.

 

Foto: Agustín Ferreira-anabam

 
         
 

 

       Isto nos levou a buscar outras posibles áreas no entorno da praia de Camposancos, observando que esta avespa aparece amplamente distribuída ao longo da periferia da mesma, con algunhas zonas onde a presenza da especie é máis notoria. Así que, para as nosas observacións, decidimos elexir un destes puntos de maior densidade, optando pola praia do Puntal, xustamente ao final da mesma. Aí é donde tamén realizaría as súas prácticas universitarias Lorena Franco, estudante da Universidade de Vigo.

 

     Dos varios sendeiros que discorren por ese tramo, eleximos catro e neles levouse a cabo os traballos de campo, tanto por parte de Lorena Franco como de Agustín Ferreira, coordinador e responsable do Proxecto.

 

 

Foto: SIXPAC

 
         
 

 

 

 

 

 

 

 

 

      Observamos que os individuos presentan dous tipos fundamentais de corloración: franxas negras con franxas amarelas ou franxas negras con franxas gris-azuladas, iso en diversos matices.

 

    Tamén as patas presentan dous tipos de coloración: fémur, tibia e tarsos totalmente amarelos ou femur predominantemente negro e tibia e tarsos amarelos.

 

    Outra característica é que utilizan as patas centrais para suxetar as presas que levan ao niño. As patas dianteiras sérvenlles para escavar, teñen a particularidade de que poden ser dobladas  circularmente, e as patas traseiras son como punto de apoio cando escavan.

 

 

 

Fotos: Lorena Franco-anabam

 

 

      Actualizada o 10-8-2014  
 

A AVESPA CUCO, XOIA OU

ESMERALDA NO ENTORNO DAS AVESPAS ESCAVADORAS

 

 

Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo

 
 

 

 

    

 

       A observación que estamos levando a cabo sobre a avespa escavadora Bembix rostrata, na praia  de Camposancos, permítenos coñecer novos elementos asociados á mesma, como son, neste caso, as denominadas avespas cuco, avespas xoia ou avespas esmeralda, nomes que fan referencia a algunha das características deste grupo de himenópteros, pertencentes á familia Chrysididae.

 

      O especimen que presentamos nestas fotografías puidera ser o Parnopes grandior.

 
         
 

 

       Por empezar, diremos que estes insectos se caracterizan por unhas cores metálicas onde predominan os tonos azuis, vermellos e cobrizos metálicos. Se pasan desapercibidos, non é pola cor, senón polo seu pequeno tamaño. Estas cores son as que lle dan o nome de xoias ou esmeraldas. O outro nome cos que se coñecen, avespa cuco, é debido ao costume de depositar os seus ovos nos niños das avespas escavadoras.

 

   Precisamente o que nos chamou a nós a atención foi ver entrar a estas pequenas avespas nos buratos das Bembix, así que, tratamos de averiguar, a través da bibliografía, cal era o motivo disto.

 

    O tamaño, polo menos das que nos vimos, e que aparecen nas fotografías laterais, está entorno aos 10 mm. Observados os exemplares con detalle, vemos que o tórax está formado por gránulos de cores metálicas, e o abddome ten unha cor avermellada. Tamén destaca a súa longa probóscide, que utilizan para libar o néctar das flores.

 
         
 

 

        Obsérvese o longo probóscide que posúe e que utiliza para libar o néctar das flores.

 
         

 

      Actualizada o 16-6-2014  
 

XUÑO MARCA O COMEZO DA

ACTIVIDADE DE Bembix rostrata NO BAIXO MIÑO

 

     
 

 

 

    

 

       Entre finais de maio e primeiros de xuño, podemos ver, timidamente, as primeiras pegadas de que Bembix está iniciando o seu período de actividade reproductora.

 

     A observación detallada do terreo, onde outros anos xa utilizara esta especie para se perpetuar, indica que algunha actividade, neste senso, debe haber. Pero non acabamos de ver ningún exemplar.

 

     Esquerda, unha femia transportando un díptero que leva agarrado polas patas medias, no abdomen, cara ao interior do niño.

   

 
         
 

 

       Poucos días despois de iniciado o mes de xuño, cando a calor empeza a apretar, varios exemplares, na súa meirande parte machos, voan a menos dun metro de altura no sendeiro areoso, libre de vexetación, que transcorre polo piñeiral da praia de Camposancos.

 
         
 

 

        Unha femia vese rodeada por seis machos que tratan de aparearse con ela. Nos primeiros días, a actividade é frenética.

 

     Estas avespas non son agresivas, ao menos así no lo parece a nós, que levamos varios anos entre elas e nunca intentaron picarnos.

 

    Por desgraza, é esta unha especie que sufre os efectos do paso das persoas pola súa área de nidificación, polo que poderían ver diminuída a súa poboación xa que o período reproductivo se lle fae complicado.

 
         

 

TEMPADA  2013

 

      Actualizada o 27-09-2013  
 

ESTUDO PRELIMINAR DAS PRESAS DE

Bembix NO PIÑEIRAL DA PRAIA  DE CAMPOSANCOS, A GUARDA

 

     
 

    

 

 

     Este ano o noso interese nesta especie centrouse nas presas cazadas e que forman parte da dieta alimentaria das  larvas de Bembix.

 

    O estudo levouse a cabo durante varios días, en horario de mañá, coordinado polo responsable deste proxecto, Agustín Ferreira e realizado pola alumna de prácticas da Universidade de Vigo, Luz. Outra das alumnas de prácticas, Estíbaliz, está na procura de facer "unha guía" dos dípteros e identificación das diferentes especies recollidas.

 

    No estudo realizado obtivéronse outros datos, como tempo de saída e regreso ao niño; permanencia no interior deste, etc.

 

    O vindeiro ano, cando esta especie inicie de novo a súa actividade, seguiremos coas observacións para recoller novos datos desta interesante avespa que, dende hai varios anos, temos controlada no piñeiral da praia de Camposancos.

 

 

 As imaxes da esquerda amosan dúas das presas transportadas por dous exemplares de Bembix ao niño.

 

   

 

   

 
         

 

     

Actualizada o 14-07-2013

 
   

         Bembix rostrata é unha avespa das denominadas excavadoras que dende hai anos ten chamado a nosa atención e, debido a iso, fixemos algún que outro seguimento pero sen profundizar moito máis nela e nos seus hábitos. Imos agora dedicarnos un pouquiño máis para obter algúns datos deste insecto do que temos unha poboación establecida no piñeiral de Camposancos cuxo rexistro xa fixemos hai uns seis anos.

 
         
 

 

 

    A poboación de Bembix que esperta o noso interese, atópase ao longo do sendeiro que cruza o piñeiral da praia de Camposancos, zona de consistencia areosa, compacta, na que excavan as galerías que dan acceso aos seus niños. O sendeiro ten unha lonxitude duns 300 metros dividido en cinco tramos sendo en dous destes tramos nos que habitualmente recollemos a maior parte da información. Na fotografía un dos tramos no que temos contabilizadas máis de medio cento de avespas. Por ser zona de paso, non resulta raro que estes hymenópteros vexan interrompido o seu traballo de levar alimento cara aos niños.

 
         
 

 

 

     Bembix dedícase preferentemente á captura de dípteros, ou sexa, moscas de diferentes especies ás que "anestesia" co seo aguillón. Logo as transporta nun rápido voo para introducilas no interior do niño. Dado que as presas seguen con vida, as larvas da avespa, unha vez eclosionado o ovo, terán alimento fresco.

 
         
 

 

 

       Os niños son tapados con area cada vez que Bembix sae del, de tal xeito que pasan desapercibidos para posibles depredadores ou intrusos. Os primeiros datos que temos recollidos, a falta evidentemente de moitos máis, nos indica que as femias, que son as encargadas de transportar o alimento, tardan por termo medio entre dez minutos e media hora en regresar cada vez ao niño, onde permenecen, tamén por termo medio, entre un e dous minutos antes de saír voando para capturar outra presa.

Na fotografía, unha avespa no momento de saír e comezar a tapar o niño.

 
         
 

 

 

      Nesta fotografía aparecen ata sete sinais de presenza de niños, apreciándose claramente as entradas a cinco deles.

 
         
 

 

 

         Dous machos observan como unha femia entra no interior do niño. As femias son as encargadas de facer o burato e de levar o alimento ás larvas.