FLORA  DO  BAIXO  MIÑO

 

Flora da praia de Camposancos (A Guarda)

 

 

 

IR Á PORTADA

           

 

IR A

FLORA DO BAIXO MIÑO

 

  Silene scabriflora  

 

 

 
   

   A partir de abril, e durante todo o verán, podemos ver abondosamente esta planta de flores cunha forte e rechamante cor vermella que aparece preferentemente nas dunas estabilizadas do piñeiral anexo á praia, principalmente entre o límite do areal e a primeira liña de piñeiros.

 

    Se somos curiosos, penso que merece a pena deterse a examinala, e así apreciaremos que os seus pétalos son bilobulados, que as flores saen todas elas do mesmo lado (inflorescencia unilateral), que teñen cinco pétalos (como tódalas silenes) e o cáliz é tubular, piloso ao igual que o talo.

 

   

 
         
   
         
     

Actualizada o 14-09-2013

 
  Silene littorea  

 

 

 
   

    Trátase tamén dunha "silene", como a anterior, e polo tanto de flores pentámeras, parecidas á S. scabriflora, pero esta planta é moito máis ramosa e a cor dos pétalos aínda que rechamante, non é tan intenso como na especie citada anteriormente. Esta planta desaparece a partir de xuño. Ao igual que a anterior, tamén posúe pilosidade no talo, follas e cáliz.