SECCIÓN ENTOMOLÓXICA "Pelegrín Franganillo" 

 

INSECTOS

Mutilidae

 

(Mutílidos)

 

Responsable Sección Entomolóxica: Agustín Ferreira Lorenzo

Equipo de Campo: Carlos Angíliza Entenza, Silvia Bautista Salgueiriño, Luis Dorado Senra; Agustín Ferreira Lorenzo, Antón Ferreira Lorenzo, Noé Ferreira Rodríguez,  Mª Consuelo González de Dios, Manuel A. Pombal Diego, Ricardo Portela Vilas, Fco. Javier Sánchez González e Ricardo da Silva Diz., Ángeles Villasenín Álvarez

 

BIODIVERSIDADE

FAUNA 

 INSECTOS

ARÁCNIDOS

 

 

 

 

 

FLORA

 

 

 

 

 

 

 

IR Á PORTADA

 

   

Actualización: 15-09-2015

   

 

Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

 

 

Dasylabris maura

 

Nemka viduata

 

 

Smicromyrme rufipes

 

Clase: Insecta

Orde: Hymenoptera

Familia: Mutillidae

Xénero: Dasylabris

Especie: D. maura

Lonxitude: 12 milímetros

Clase: Insecta

Orde: Hymenoptera

Familia: Mutillidae

Xénero: Nemka

Especie: N. viduata

Lonxitude: 12 milímetros

Clase: Insecta

Orde: Hymenoptera

Familia: Mutillidae

Xénero: Smicromyrme

Especie: S. rufipes

Lonxitude: Ata 5 milímetros

     

     A posta en marcha da nova fase do Proxecto Bembix, neste verán do 2015, tróuxonos como novidade a observación e rexistro de tres novas especies entomolóxicas das que non tiñamos nin a mínima idea da súa presenza no Baixo Miño. Pertecen á familia Mutilidae e cando vimos o primeiro exemplar, no verán de 2014, pensamos que se trataba dunha formiga de tamaño grande e coloreada, pois esta é a primeira impresión que seguramente teñen para moita xente que se decata delas cando as ve por primeira vez. Non resulta extrana esta confusión dado que, en efecto, teñen apariencia de formigas, de feito que vulgarmente se coñecen como formigas de felpa ou formigas aterciopeladas, debido a que o seu corpo está cuberto de pilosidade que lles da ese aspecto.

   

 

OBSERVACIÓN:

 

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII
                       

 

 

 

 

 

 

      Das tres especies, a da fotografía da esquerda, Dasylabris maura, parece que é a máis frecuente. A de menor tamaño e por iso a máis parecida a unha formiga é Smicromyrme rufipes, que apenas chega aos cinco milímetros. As tres especies teñen un comportamento similar: tratan de localizar algún niño de esfécido, habitualmente pechado, para introducirse nel e depositar un ovo coa finalidade de que sexa a especie parasitada a que críe ao mutélido.

 

     As que aquí vemos son femias, pois o macho é de menor tamaño e ten ás, ao contrario das femias, que son ápteras.

 

    Ao parecer, hai que ter moito cuidade se se manipulan, pois a súa picadura resulta dolorosa.