IDENTIFICACIÓN DE CETÁCEOS E

ALGUNHAS NOTAS MÁIS

 

Coordinadores: Manuel A. Pombal Diego e Agustín Ferreira Lorenzo

 

 

 

 

ANABAM É UNHA ENTIDADE QUE FORMA PARTE DA CEMMA (http://www.cemma.org)

 

CETÁCEOS

BAIXO MIÑO

INFORMACIÓN

XERAL

FICHAS VARAMENTOS VOLUNTARIADO IDENTIFICACIÓN CETÁCEOS CETÁCEOS NORTE PORTUGUÉS CETÁCEOS PROXIMIDADES BAIXO MIÑO DISECCIÓN DUN CETÁCEO GOLFIÑO GASPAR

DATOS

NECROPSIA

DETALLES

Arroaz

boto

Arroaz

Balea

común

Caldeirón CIFIO DE SOWERBY

Golfiño

común

Golfiño riscado RORCUAL ALIBRANCO Toniña    

 

IR Á PORTADA

 

       

Actualizada o 10-02-2015

 
 

 

COMO IDENTIFICAR UNHA TONIÑA POLA DENTADURA

 

   

Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

 
         
 

   As toniñas (Phocoena phocoena) son cetáceos parecidos aos golfiños  cuxos cadáveres vénse, de cando en vez, na costa do Baixo Miño, arrebolados pola marea nas rochas ou nas praias.

 

    Caracterízanse polo morro achatado, ao contrario dos golfiños, que o teñen alongado.

 

    Ocorre, ás veces, que o cadáver está en bastante mal estado, e a cabeza moi deformada tanto pola putrefacción como polos golpes contra os rochedos. Se aínda posúen a dentadura, ou parte dela, vai ser doada a identificación, pois as toniñas se caracterizan por posuer dentes planos, e isto, para os nosos cetáceos, vai ser decisivo en casos como os comentados ou para que as persoas que non se ocupan destes asuntos e atopan, nos seus paseos polos rochedos costeiros ou pola praia, con algún cadáver, saiban que tipo de cetáceo é.

   

 
             
 

     Nas dúas fotografías da dereita, podemos ver claramente os dentes aplanados. Corresponden a unha toniña cuxo cadáver foi atopado no mes de decembro de 2014 no Seixal, no tramo sur da costa guardesa.

   

 
       
             

 

Actualizado o 29-05-2008

 

 
 

 

ALGÚNS DATOS IDENTIFICATIVOS:

 

 

O golfiño común presenta no padal superior dúas acanaladuras. Cando os ósos non están limpos, éstas non se ven, pero pasando os dedos  (convén poñer luvas) notarémolas perfectamente.

 

 

 

Cetáceos: os machos presentan dúas aberturas separadas: a flecha vermella sinala o ano. A flecha amarela a zona xenital. Habitualmente o pene aparece no exterior (fotografía superior), aínda que non sempre.

 

 

As femias dos cetáceos soamente presentan unha abertura (flecha vermella); a ámbolos dous lados dela están as mamas (flechas verdes).