ANABAM - GRUPO DE TRABALLO

 

QUEN SOMOS?

EQUIP O DIRECTIVO

ASOCIARSE

LEMBRANZAS

GRUPO TRABALLO

ESTACIÓN ORNITOLÓXICA

ACTIVIDADES-ACCIÓNS

CONTACTO

ACCIÓNS SOCIOS EXPOSICIÓNS CONGRESOS SIMPOSIOS ETNOGRAFÍA PRÁCTICAS UNIVERSITARIAS   INFORMACIÓN PROGRAMA 30 ANIVERSARIO

 

GRUPO DE TRABALLO (GT):

 

 

       Constituído por aquelas persoas que desenvolven habitualmente traballos de diversa índole na asociación. As súas decisións teñen un grande peso na postura da Xunta Directiva e na marcha da asociación, pois son o elemento impulsor e básico da propia entidade.

 

        O GT subdivídese en dous grupos:

               

                     Grupo de Traballo de Campo.- Formado polos socios que saen ao campo para levar a cabo accións ou actividades de investigación, estudo, conservación e protección do patrimonio natural.

 

                    Grupo de Traballo Funcional.- Formado polos socios que colaboran habitualmente no desenvolvemento de actividades, mantemento do local, charlas divulgativas, preparación de exposicións e outros eventos, monitoreo, burocracia, etc.

 

 

 

 

 

 

GRUPO DE TRABALLO ACTUAL

 

 

AGUSTÍN FERREIRA LORENZO

Socio Fundador.

Profesión: Mestre.

Natural de A Guarda.

En ANABAM dende a súa fundación, 1985.

Leva desenvolvendo o cargo de presidente da asociación dende a fundación da mesma. É o coordinador de moitos dos traballos desenvolvidos en ANABAM.

 

 

MANUEL ÁNGEL POMBAL DIEGO

Socio nº 192.

Profesión: Investigador e profesor na U.Vigo.

Natural de Pedornes (Oia).

Leva en ANABAM dende o ano 2007.

Coordina e desenvolve varias actividades en ANABAM. Participa en tódolos proxectos de campo e actividades desenvolvidas na asociación.

 

 

Mª CONSUELO GONZÁLEZ DE DIOS

Socia nº 54.

Profesión: Mestra.

Natural de Vigo.

Leva en ANABAM dende o ano 1989.

Ven participando activamente en todas as actividades e actos desenvolvidos na asociación. Unha das súas aficións nesta entidade conservacionista é a fotografía.

RICARDO PORTELA VILAS

Socio nº 11.

Profesión: Litógrafo.

Natural de Vigo, reside dende hai moitos anos en Camposancos (A Guarda).

Leva en ANABAM dende o ano 1985.

É o patrón da embarcación Garzota de ANABAM.

Estivo en todas as Xuntas Directivas da asociación, ocupando diversos postos.

  Participa activamente en tódolos proxectos e actos desenvolvidos na mesma.

 

LUIS DORADO SENRA

Socio nº 9.

Profesión: Carpinteiro.

Natural de Fornelos (O Rosal).

Leva en ANABAM dende o ano 1985.

É o fotógrafo da asociación.

Estivo en case tódalas Xuntas Directivas da mesma.

As súas fotografías forman parte das publicacións editadas por ANABAM, así como noutras dos Concellos de A Guarda e O Rosal, ademais de cartaces da Xunta de Galicia, libros de festas, etc.

 

CARLOS ANGILICA ENTENZA

Socio nº180.

Natural de Cangas.

Leva en ANABAM dende o ano 2006, aínda que é un colaborador nato dende o ano 1990.

    En ANABAM participa  en tódolos proxectos, pero amosa especial interese pola fotografía.

 

NOÉ FERREIRA RODRÍGUEZ

Socio nº 45.

Profesión: Licenciado Bioloxía.

Natural da Guarda.

Leva en ANABAM dende o ano 1989.

Colabora en diferentes proxectos desenvolvidos na Asociación.

 

 

ANTÓN FERREIRA LORENZO

Socio Nº 3

Profesión: Mestre.

Natural de A Guarda.

Leva en ANABAM dende o ano 1985.

   Responsable e monitor das actividades relacionadas co Monte Trega. Colabora en tódolos proxectos e actividades desenvolvidas na asociación.

 

RICARDO DA SILVA DIZ

Socio nº 209.

Profesión: Axente Forestal.

Natural da Tui.

Leva en ANABAM dende o ano 2011.

Colabora en tódolos proxectos e actividades desenvolvidos na asociación.