GUÍA ANABAM DAS

ÁREAS RECREATIVAS DO BAIXO MIÑO

 

EQUIPO RESPONSABLE

AXENTE FORESTAL..............................................Emilio Alonso Gómez (Arriba)

AXENTE FORESTAL.............. José Miguel Escanciano Maricalva (Esquerda)

AXENTE FORESTAL................................................Ricardo da Silva Diz (Centro)

FOTÓGRAFO................................................................Luis Dorado Senra (Dereita)

 

COLABORADORES...................................................Membros do GT de ANABAM

 

Índice

IR Á  PORTADA

     

 

O PARQUE NATURAL

MONTE ALOIA

 

 

INTRODUCIÓN

    Iniciaremos esta guía, non de forma arbitraria ou casual senón de xeito premeditado, polo lugar onde posiblemente creouse o que poderíamos denominar como primeira Área Recreativa do Baixo Miño, e seguramente das primeiras de Galicia: falamos do Parque Natural do Monte Aloia.

    Na paisaxe do Parque ten moito que ver o enxeñeiro de montes D. Rafael Areses Vidal, que co seu esforzo e o seu labor, iniciou a recuperación do monte Aloia cambiando a súa fisonomía pola do  monte árborado que coñecemos hoxe en día, e dotando tamén ao parque de diferentes infraestructuras que foron ampliándose co paso do tempo, sendo os bancos, mesas e asadores unha parte importante da actividade lúdica a que se dedicaría tamén o monte Aloia.

   Conta hoxe en día o monte Aloia con estes elementos propios das Áreas Recreativas en diferentes puntos do parque que teñen a clasificación de  “Zonas de uso xeral: turístico e recreativo”, nós imos  tratalos, aos efectos desta guía, como Áreas independentes dentro do parque.

   Queremos agradecer tamén ao noso compañeiro Manuel Lorenzo Troncoso, axente forestal do Parque Natural do Monte Aloia a súa colaboración na realización das Áreas do parque.

Ermida de San Xiao

AS ÁREAS DO MONTE ALOIA

 As Áreas do parque non sempre están delimitadas fisicamente, máis ben o límite delas é a das súas instalacións. A nosa clasificación comprende seis áreas no parque, son as seguintes: 

 -Área recreativa do alto de San Xiao

-Área recreativa da Macoca

-Area recreativa da Casa Forestal

-Área recreativa de San Fins

-Área recreativa de Circos

-Área recreativa dos Muiños do Deique

 

 

Pozas de Cabana

Área recreativa do alto de San Xiao

 

Localización

 

Concello: Tui

 

Parroquia: Rebordáns e Pazos de Reis

 

Lugar: Limitaremos esta Área situada na zona mais alta do monte pola continuidade de instalacións, tendo como referencia a Cruz monumental e a capela de San Xiao e chegando ata as Pozas da Cabana no seu punto máis baixo.

 

Coordenadas Datum WGS 84, huso UTM 29 T:  X   526490

                                                                  Y  4659262

 

 

Unha zona de recreo.

Instalacións:   - Acceso a persoas con discapacidade (con algunhas restriccións )

                         - Fonte – Auga potable

                         - Bancos e mesas

                          -Asadores

                          - Parque infantil

                         - WCs públicos

                         - Cafetería-Restaurante               

Acceso:            Coche: Si      Autobús : Si

Mesas con asadores nas rocas.

Descripción e algúns datos de interes

    As primeiras mesas e  asadores do Aloia, según datos recollidos no libro editado polo propio parque  “ D.Rafael Areses Vidal. Biografía dun home dedicado ós bosques de Galicia” pensamos nós que son as da baixada da capela de san Xiao á fonte do Santo do ano 1912, e non as que hai no lugar coñecido por Udencias do ano 1911, como se relata no libro, por ser a fonte do Santo o lugar máis próximo á capela de San Xiao, lugar de descanso dos peregrinos que se achegaban ata ela, e por non existir tales na zona das Udencias.

 “ 1912.- Se hace una completa reforma en la escalinata y mesetas de la bajada a la fuente del Santo........despues de limpiar y arreglar el manantial , construyendo una artística alberca y un lavadero, se hermosea el mirador, restaurando sus muros y formando un bonito jardín. Se instalaron numerosas y cómodas cocinas de campaña para que pudieran los romeros y excursionistas preparar sus comidas, sin el peligro que para el monte tenía antes el fuego, que con tal motivo se hacía en cualquier parte.”

Na fonte do Santo.

 

 

O día 5 de Xullo de 1935 foi declarado sitio de interés natural, ( premer no seguinte enlace): 

 http://www.anabam.org/p.n.aloia.historia.html

     Declarouse parque natural o día 4 de decembro de 1978 sendo o primeiro parque natural de Galicia.

    Entre as maravillas que podemos atopar destacan os seus miradores con vistas panorámicas, o monumento ao enxeñeiro D. Rafael Areses Vidal, a muralla ciclópea, a casa dos montañeiros celtas, a ermida de San Xiao, a cruz monumental, a cama do Santo e o árborado diverso formado por especies autóctonas e exóticas. Discurre tamén por esta Área a ruta de sendeirismo Cabana-Cabaciña.

    O alto de San Xiao é tamén lugar de celebración de dúas romarías: a primeira o día 27 de xaneiro na honra de San Xiao e a segunda o primeiro domingo de Xullo para a virxe das Angustias

 

 

Escalinatas de baixada á fonte do santo, coa artística alberca.

Recomendacións:

En xeral, non deixar o lixo nas papeleiras ou contenedores no período invernal xa que normalmente non teñen recollida nestas épocas do ano.

 Se ves lume chama ao 085 e para calquer emerxencia ao 112, as chamadas son de valde

 E recorda que a pesares de que os montes teñen propietarios,  disfrutámolos todos.

Autor e data das fotografías: Luis Dorado Senra, 16 -03 -2014

Fonte con mesas próximas á Ermida.

Monte Aloia, Parque Natural.

 

 

      Ir a.......................Índice

 

 

Actualización: 5-05-2014