RUTA DAS FERVENZAS DO BAIXO MIÑO

 

-FERVENZAS  DO RÍO DA CAL-

 

 

IR A FERVENZAS

 

                                                                                                                                 Foto:Luis Dorado Senra-anabam

 

     

actualización: 15-02-2013

 
 

         

       Texto:Agustín Ferreira Lorenzo-ANABAM

 

 
 

Foto:Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

 

   A estrada de Fornelos á Loureza, xusto na ponte do regato da Cal, é un bo acceso para achegarse ás varias fervenzas que atopamos xa a poucos metros da estrada.

 

     Debido ao incendio do pasado ano, as ladeiras bastante limpas de matorral, permítenos achegarnos con certa facilidade.

 
         
 

 

Foto:Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

        As chuvias, cando son abondosas, propician un cauce polo que discorre a auga que baixa das ladeiras próximas. A acumulación de auga fan que as fervenzas amosen a súa espectacularidade e beleza  
         
 

 

    As primeiras fervenzas coas que nos atopamos teñen escasa altura, de dous a catro metros, mais, a medida que nos despramos regato arriba, chagaremos ás máis altas e impresionantes.

 
         
   

     A ascensión pola ladeira, permítenos contemplar a presa que hai a poucos metros da ponte pola que accedemos a este enclave. Esta presa era utilizada para almacenar a auga cara a unha das acequias que alimentaba aos muíños hidráulicos que aparece máis abaixo, así como unha antiga serrería, "aceña, que se atopaba a poucos metros da estrada e que hoxe soamente aparecen os últimos vestixios da mesma.

 
         
   

     Outra das vistas do cauce do río da Cal, a poucos metros da súa confluencia co río Tamuxe, último afluente que recibe o Miño na marxe dereita, na marxe galega.

 
         
   

       Dous membros de ANABAM nun dos "miradores" dendo os que temos fermosas vistas tanto do regato como dalgunhas das fervenzas.

 
         
   

       Pronto chegaremos a unha das máis impresionantes fervenzas do regato da Cal. Fotografía tomada pouco despois de fortes chuvias.

 
 

Foto:Luis Dorado Senra-anabam

 

    

 

 

     

actualización: 15-02-2013

 
 

         

       ANABAM continúa recollendo información co obxecto de divulgar unha Ruta das Fervenzas do Baixo Miño. Nesta comarca, sobre todo en Oia e O Rosal, temos algunhas que ofrecen un fermoso espectáculo na época de chuvias que é cando presentan o seu máximo esplendor.  Aquí presentamos algunhas das que se atopan no Río da Cal (O Rosal).

 

 
 

Foto:Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

 

   O sábado 2 de febreiro, efectuamos a saída de campo ao río da Cal, nun tramo duns 500 metros partindo da ponte que cruza dito río na estrada Fornelos-Loureza.

 

     Xa o pasado ano visitamos esta zona, decidindo volver agora para seguir recollendo información. A limpeza de acacias que está levando a cabo a Comunidade de Montes Veciñais Santa Mariña, do Rosal, facilita o acceso ás catro primeiras fervenzas do noso percorrido. Hai un par de anos xa intentamos ir a elas por este mesmo lugar pero a maleza, silveiros, e intrincada vexetación, fíxonos pasar serias dificultades. Neste momento a accesibilidade é relativamente axeitada polo que, achegarse ata estas fervenzas, resulta un paseo agradable  en pleno contacto coa natureza.

 

     Na fotografía podemos ver como a limpeza segue a marxe do río respectando a vexetación autóctona e o medio natural, por iso, dende ANABAM, queremos felicitar á Comunidade de Montes Veciñas Santa Mariña, polo bo facer desta limpeza que amosa un claro exemplo de responsabilidade e sensibilidade ambiental. Os nosos parabéns.

 

 
 

 

Foto:Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

 

        Presa que cruza transversalmente o río, situada a poucos metros da estrada. Dous membros de ANABAM acaban de cruzala para continuar as observacións de campo.  
 

Foto:Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

 

 

    As dúas primeiras fervenzas, unha a continuación da outra, cunha caída duns 7 metros cada unha, atopámolas aproximadamente a 200 metros da estrada. Aproximadamente 100 metros máis arriba, chegaremos ás dúas de máis altura. A precaución debemos extremala ao máximo, sobre todo se estamos en certos puntos que poden ser esvaraízos e causar un grave accidente.

 
 

Foto:Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

 

 

    Dous membros de ANABAM toman notas e fotografías na base dunha das fervenzas.

 
 

Foto:Manuel A. Pombal Diego-anabam

 

 

    As augas déixanse caer nun desnivel lixeiramente inclinado. A limpeza de matorral permítennos neste momento gozar dunha fermosa paisaxe e fundirnos co entorno.

 
 

 

 

 

   Outra vista, neste caso da terceira das fervenzas que hai nun tramo moi corto do regato da Cal.

 
 

Foto:Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

 

 

    Vista do río da Cal dende a segunda das fervenzas.

 

  

 
 

Foto:Manuel A. Pombal Diego-anabam

 

 

     Ascendendo río arriba, chegamos a cuarta das fervenzas, cunha caída case vertical que supera os doce metros e que é a máis espectacular das tres que temos neste tramo.

 
 

Foto:Ricardo Portela Vilas-anabam

 

    Entre a fauna observada atopamos os pintafontes comúns (Lissotriton boscai), un dos anfibios urodelos máis comúns na nosa comarca.

 
 

 

Foto:Ricardo Portela Vilas-anabam

 

   Amplexus de rana patilonga (Rana iberica) observado nesta última visita ao río da Cal.

 
         
 

 

Grupo de Traballo de ANABAM:

Ricardo Portela; Antón Ferreira, Manuel A. Pombal "Peque", Silvia Bautista; Ricardo da Silva

Javier Sánchez e Agustín Ferreira. (Foto:Agustín Ferreira Lorenzo-anabam, 2013)