RÍO TAMUXE

"FERVENZA NAS POZAS DE LOUREZA"

 

 

      Actualizada o 14-02-2012  
     

Texto: Agustín Ferreira Lorenzo

Fotos: Manuel A. Pombal Diego e

Agustín Ferreira Lorenzo

 
 

 

 

X: 515608

Y: 464958

ALTITUDE: 142 metros

CONCELLO: Oia

PARROQUIA: Loureza

 

      A saída a esta paraxe tivo lugar o sábado 4 de febreiro. O equipo de campo estivo formado por tres persoas: Agustín Ferreira; Manuel A. Pombal e Ricardo da Silva.

 

     Novamente a idea era recoller información das fervenzas do Baixo Miño, así que, nesta ocasión, inclinámonos por esta magnífica paraxe. Temos que salientar que o río, Tamuxe ou Carballas, levaba pouca auga, por iso non lucían como deberan as dúas ou tres fervenzas que ao longo do percorrido hai. Un traxecto dun quilómetro que vai dende as Pozas, lugar moi coñecido por ser zona de nudistas no verán, ata a minicentral.

 

 
 

 

     No primeiro tramo percorrido, o leito do río está formado por rocha granítico, na que atopamos esculpidas varias marmitas de xigante e formas suavemente redondeadas. Nas pozas atopámonos coa primeira das fervenzas, de pouca altura, uns catro metros, así a ollo; metros despois atopámonos con outra, esta máis estreita e aproximadamente a metade da anterior.

 

   A medida que ascendemos río arriba, o solo vaise modificando, aparecendo pequenas pedras soltas, de mediano tamaño e outras semellantes a seixos, gravas e areas, para logo volver a verse o leito granítico para, cara ao final do traxecto, poucos metros antes da minicentral, atoparnos cunha nova fervenza encaixoada entre bloques granítivcos, tamén duns catro metros, divida frontalmente en dúas partes, unha das cales non levaba auga nestes momentos. Alí tamén atopamos unha poza que impresiona pola fondura que ten.

 
         
 

 

     Marmitas de xigante esculpidas nos bloques graníticos que afloran no leito do río. A pesares de estar en pleno inverno, a seca que nos acompaña ocasiona que o río Tamuxe leve escasa auga.

 

    As marmitas de xigante se forman pola acción de fragmentos de rochas que ao xirar, por efecto da corrente da auga, van facendo buratos redondeados.

 
         
 

     
         
 

 

     O río desprázase por un leito granítico, bordeado tamén por bloques desta rocha.

 

   A paisaxe é espectacular, as veces con paredes verticais polo que resulta difícil moverse nesta época do ano, tendo que bordear, en ocasións, o cauce ante a imposibilidade de ir polas beiras.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Un macho de Triturus boscai (Pintafontes común) que atopamos no noso percorrido.

 
         
 

 

    Hai máis de 25 anos que esta zona é utilizada polos nudistas como lugar de baño. As pozas existentes xunto coa magnífica paisaxe dos arredores, permiten un contacto co medio natural sublime.

 
         
 

 

 

As ras patilonga forman parte da fauna vertebrada, desta área.

 

 
         
 

 

Dous membros de ANABAM filmando o entorno visitado.