Familia Lycosidae

 

 

RESPONSABLE E COORDINADOR ARÁCNIDOS: Agustín Ferreira Lorenzo

COLABORADOR ARACNÓLOGO: Antonio Melic

 

EQUIPO DE CAMPO: Carlos Angíliza Entenza,  Luis Dorado Senra; Agustín Ferreira Lorenzo, Antón Ferreira Lorenzo,Mª Consuelo González de Dios, Manuel A. Pombal Diego, Ricardo Portela Vilas,  Ricardo da Silva Diz, Ángeles Villasenín Álvarez

 

Máis información sobre entomoloxía: http://www.sea-entomologia.org

 

BIODIVERSIDADE

FAUNA 

 INSECTOS

ARÁCNIDOS

 

 

 

 

 

FLORA

 

 

 

 

 

 

 

  Ir á PORTADA

 

     

Actualizada o 10-02-2015

 
     

 

Fotografías e texto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

 

 
   
 

    Disposición dos ollos na familia Lycosidae.Debuxo extraído da Wikipedia.
 

 

         Esta é unha das arañas máis comúns que atopamos no litoral, entre as pedras da costa, onde saen dos seus acubillos para tratar de capturar algunha présa.  Podemos velas por ducias, ailladas pero próximas unhas a outras.

 

      Distribúense por todo o litoral do Baixo Miño.

 

    Pertencen á familia dos lycósidos. Podería tratarse dunha Pardosa ou ben dunha Pirata, denominadas vulgarmente arañas lobo.

 

     Na figura da esquerda debuxo que nos amosa a característica disposición dos ollos dunha araña desta familia.

 

     O exemplar da fotografía superior foi fotografado o 25-12-2014, na costa fronte a Peña Aghoeira, no límite entre O Rosal e Oia,  nun día soleado no que se podían ollar múltiples arañas sobre as pedras.

 

 
     

 

 
   

     Ademais da disposición dos ollos, sempre en número de 8, os lycósidos se caracterizan por ter o 4º par de patas de maior tamaño que os demais.

 

     Os exemplares fotografados son xuvenís.