ANABAM - ETNOGRAFÍA

 

QUEN SOMOS?

EQUIPO DIRECTIVO

ASOCIARSE

LEMBRANZAS

GRUPO TRABALLO

ESTACIÓN ORNITOLÓXICA

ACTIVIDADES-ACCIÓNS

CONTACTO

ACCIÓNS SOCIOS EXPOSICIÓNS CONGRESOS SIMPOSIOS ETNOGRAFÍA PRÁCTICAS UNIVERSITARIAS   INFORMACIÓN  
A CAMBOA (OIA) CETÁREAS           PROGRAMA 30 ANIVERSARIO

 

      Actualizada o 14-04-2012  
 

SINATURA CONVENIO CESIÓN DE PEZAS

AO MUSEO DO MAR DA GUARDA

     
         
 

 

    Dende a súa inauguración, o Museo do Mar da Guarda conta cun fondo de pezas propiedade de ANABAM que foron cedidas temporalmente por esta asociación ao mesmo para a súa exposición.

 

   A pesar dos anos transcorridos, aínda non se asinara convenio algún co Concello guardés por esta cesión, cousa que por fin se levou a cabo o pasado 23 de marzo nas dependencias municipais.

 

   Na sinatura do convenio, estivo presente, ademais do Alcalde guardés, José Manuel Domínguez Freitas e do Presidente de ANABAM, Agustín Ferreira Lorenzo, que asinaron o citado convenio, o primeiro en representación do Concello e o segundo en representación de ANABAM, o concelleiro de Cultura e responble do Museo do Mar, Antonio Lomba.

 

  

 
     

    

 
 

 

A duración deste convenio é de cinco anos que serán prorrogables automáticamente se non se renuncia ao mesmo con tres meses de antelación antes de que finalice o prazo.

 

   As finalidades ás que se destinarán os bens obxecto de cesión serán, en liñas xerais:

   1/ Formar parte dos fondos do Museo do Mar destinados fundamentalmente a súa conservación e exhibición no mesmo.

    2/A exhibición das pezas estará condicionada ao discurso museolóxico, o que implica que non necesariamente tódalas pezas sexan eshibidas simultaneamente. As pezas que non formen parte da "colección permanenete" serán custodiadas e conservadas polo Concello da Guarda, estando dispoñibles para a súa visita polos investigadores e os seus titulares.

    3/ A exhibición en exposicións temporais e a utilización en actividades divulgativas.

   4/ De cara a unha axeitada xestión do materialo, este será catalogado como parte integrante dos fondos do Museo, facendo constatar a súa condición de peza cedida temporalmente.

 
         
 

 

    Son máis de 120 as pezas cedidas por ANABAM ao Museo do Mar, moitas delas recuperadas do lixo por  Antón Ferreira, artíficie do primeiro Museo do Mar que houbo na Guarda, e outras donadas por diferentes persoas a esta asociación.