ANABAM - ESTACIÓN ORNITOLÓXICA

 

QUEN SOMOS?

EQUIPO DIRECTIVO

ASOCIARSE

LEMBRANZAS

GRUPO TRABALLO

ESTACIÓN ORNITOLÓXICA

ACTIVIDADES-ACCIÓNS

CONTACTO

ACCIÓNS SOCIOS EXPOSICIÓNS CONGRESOS SIMPOSIOS ETNOGRAFÍA PRÁCTICAS UNIVERSITARIAS   INFORMACIÓN PROGRAMA 30 ANIVERSARIO

 

      Actualizada o 10-12-2014  
 

 

O GT-ANABAM MUDOU A ´SAÍDA DE CAMPO

POR UNHA PROFUNDA LIMPEZA DA ESTACIÓN ORNITOLÓXICA

 

  Texto e fotos: Agustín Ferreira L-anabam  
   

     O sábado 22 de novembro, aproveitando que o día non acompañaba moito, en vez de efectuar a correspondente saída, o GT-ANABAM dedicouse ás tarefas "domésticas", neste caso limpeza a fondo da Estación ornitolóxica para preparala con vistas á tempada de saídas escolares. Ventás, chans, estanterías, mesas, expositores..., sufriron unha profunda limpeza que deixaron o recinto e o material exposto impecable.

 

 

Na fotografía parte do grupo que participou nas tarefas de "posta a punto" da Estación, neste caso sacando brillo ás ventás.

 
     

 

 

 

     

Actualizada o 29-10-2013

 
   

      A Estación Ornitolóxica do Esteiro do Miño, creada por ANABAM hai xa uns 15 anos, logo da rehabilitación da antiga escola do Pasaxe que foi reconvertida nun centro ambiental, ten nova cara. A fachada foi pintada e no exterior se lle puxo un valado que rodea perimetralmente á mesma. Tamén o interior pedía unha man de pintura e así se fixo. Nunhas semanas, ANABAM traballará para mellorar o entorno coa plantación dalgúns arbustos e se baralla a posibilidade de construir unha pequena charca.

 

 

    Na fotografía, fachada principal onde, ao igual que se fixo en todos estes anos, continuamos conservando os azulexos que caracterizan caracterizan á mesma.

 
         
   

 

      No pequeno edificio da escola do Pasaxe, actualmente Aula da Natureza xestionada por Anabam estaba instalada no século XIX unha estufa de desinfección pola que pasaban as roupas dos tripulantes chegados nos barcos mercantes que fondeaban no río. Pretendíase evitar o contaxio de enfermidades tan habituais como a cólera e a peste bubónica (a famosa Peste Negra) que causaban aínda a principios do século XX estragos entre a poboación. Un andazo no 1918 causou unha mortaldade tal en Camposancos que os veciños dispuxéronse a facer un novo cemiterio en substitución do parroquial totalmente colapsado. Tras a  Guerra Civil o edificio converteuse en escola pública ata que se fixo a concentración escolar nos anos 70.

  

(Texto extraído de: http://www.aguarda.es/index.php?

option=com_content&task=view&id=

208&Itemid=223)

 

 Parte posterior da fachada

 
 

 

 

     Antes de que cheguen as primeiras visitas desta tempada, os membros de ANABAM se afanan para ter preparado mínimamente o interior do local cunha exposición permanente de diverso material relacionado co Esteiro do Miño co bosque, coa praia, coa observación da natureza, etc.

 

 

 

 

 
         

 

 

   O espazo, apenas de 80 metros cadrados, é aproveitado ao máximo con parte do material que serviu para unha das exposicións máis exitosas que houbo na Guarda, e mesmo en Tui, como foi EXPONATUR. Na pequena e escasa superficie da que dispoñemos tratamos de que a Estación Ornitolóxica sexa un centro de referenza da natureza do Baixo Miño, por iso, agora que o mesmo está renovado, trataremos de abrilo no período ornitolóxico para que sexa tamén un centro de información dos valores naturais da comarca galego-portuguesa do Baixo Miño.

 

 

 

     

 

 

Actualizada o 14-09-2013

 
   

    

   A Estación Ornitolóxica do esteiro do Miño, rexentada por ANABAM, vai presentar unha nova cara grazas a actuación de pintado que se está a levar a cabo na mesma.

 

    O Concello da Guarda incluiu este inmoble nos proxectos subvencionables da Rede Natura na Guarda.

 

    A actuación que se vai levar a cabo consiste no pintado exterior de toda a fachada (precisaba este cambio logo de 15 anos sen tocarlle), pintado interior, colocación do anagrama de ANABAM, do nome e do logo que se atopa na contrafachada e, finalmente, adecentamento do entorno da mesma coa colocación dun valado de madeira.  

 
         
 

O mércores 4 de setembro o Alcalde da Guarda, José M. Domínguez Freitas, o Concelleiro de M.A., Javier Crespo, o Arquitecto Municipal, Hermelindo Martínez, a Delegada de Obras da Xunta e o contratista que vai levar a cabo a obra, Roberto González, nas inmediacións da Estación Ornitolóxica días antes de iniciarse estas.

 

 

    Aproveitando esta actuación, imos, pola nosa parte, proceder a realizar cambios na disposición do material interior, eliminando uns e engadindo outros, aproveitando ese outro material que confeccionamos para EXPONATUR e do que queremos sacarlle o maior partido posible.

 

    Polo tanto, os visitantes que a partir de mediados de outubro se acheguen á Estación Ornitolóxica, e que xa o fixeran con anterioridade, notarán importantes melloras que van redundar moi positivamente na súa estadía aquí e nos coñecementos que pode adquirir tanto da biodiversidade como do entorno próximo.

 

     Queremos aproveitar estas liñas para expresar publicamente o noso agradecemento ao concello guardés por ter en conta nesta ocasión á estación Ornitolóxica.

 
         

 

      Actualizada o 29-11-2011  
 

 

 

O CONCELLO DA GUARDA

VAI PINTAR A ESTACIÓN ORNITOLÓXICA

 

     A Estación Ornitolóxica, única que temos en Galicia, é o lugar onde ANABAM recibe os centos de escolares e outras visitas que se achegan a este lugar do sur da Comunidade para observar aves. O  tempo non pasa en valde, e iso nótase na cor da fachada, así que procede darlle un lavado de cara para que estea presentable diante de tanta visita. Sería bo tamén adecentar e arranxar o entorno, pero non pedimos tanto, en principio contentámonos con que o edificio estea presentable. Así que xa falamos hai uns días co Concelleiro Miguel Español para que nos bote unha man e pinten as paredes. Comprometeuse a facelo e tan pronto lles sexa posible, tal vez antes de que remate o ano, poidamos presentar unha fotografía cunha imaxe máis agradable que esta.