ACTIVIDADES  DE  EDUCACIÓN  AMBIENTAL

NO  BAIXO  MIÑO

 

--OBSERVACIÓN ORNITOLÓXICA-

 

 

IR Á PORTADA

VOLVER  A   EDUCACIÓN  AMBIENTAL

 

SE ELIXE ESTA VISITA  CUMPLIMENTE A  folla de inscripción

 

 

Actualizado o 02-11-20141
 

 

DIRIXIDA A Escolares dende primaria a bacharelato.
DATAS DA ACTIVIDADE De outubro a primeiros de marzo.
LOCALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES Ribeira fluvial da desembocadura do Miño.
MATERIAL PARA O ALUMNO Caderno de actividades, obrigatorio: 2,00 €/alumno. 
DURACIÓN DA ACTIVIDADE Mínimo unha hora e media, máximo dúas horas e media.
PREZO DA VISITA Gratuíta
MATERIAL PARA UTILIZAR Prismáticos e telescopios.
DIFICULTADE DO PERCORRIDO Nula.
LONXITUDE DO PERCORRIDO de 1 a 3 km.
LUGAR DE RECEPCIÓN Estación ornitolóxica situada na Pasaxe (Camposancos-A Guarda) a 100 metros do peirao do ferri A Guarda-Caminha.
MATERIAL QUE DEBE TRAER O ALUMNO Lapis ou boli
DESCRICIÓN A actividade consiste na observación das aves acuáticas que utilizan a desembocadura do Miño como área de invernada. Patos, garzas, mazaricos, píllaras, fochas... son algunhas das aves que poderemos observar.
OPCIONAL Cabe a posibilidade de cruzar o Miño en ferri, pasando á veciña localidade de Caminha.
CONTACTO

       TFN:  986 61 14 90

                61 61 80 557

                              

     CORREO ELECTRÓNICO: 

anabam.anabam@gmail.com

 

Os patos reais son as anátidas máis abondosas na desembocadura do Miño.

Na fotografía unha femia (esquerda) e un macho (dereita). Foto: Luis Calleiras.

 

 

 

 

 

O corvo mariño real, é unha das aves máis frecuentes na zona. Os exemplares xoves teñen o peito branco, como o da fotografía, os adultos son negros. Foto: Luis Dorado Senra-anabam.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A garzota é unha das zancudas que frecuentan a desembocadura do Miño. A cor da súa plumaxe é totalmente branca. Foto: Luis Calleiras.