ÁRBORES E ARBUSTOS EXTRAORDINARIOS

DO BAIXO MIÑO

 

FICHAS

RESPONSABLES

DESTA SECCIÓN

 

     
  AXENTE FORESTAL: José Miguel Escanciano Maricalva      
 

AXENTE FORESTAL: Emilio Alonso Gómez

  AXENTE FORESTAL: Ricardo Da Silva Diz      
COLABORADORES        
 

FOTÓGRAFO:Luis Dorado Senra

BOTÁNICO: Xesús Ignacio Fernández Alonso

     
         

 

ÍNDICE DAS ÁRBORES

 

IR Á PORTADA 

 

IR A  FLORA DO BAIXO MIÑO

 

   

Actualizada o 10-12-2014

   

Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

 

    Este toro pertence á sobreira que había en Vilar, Tomiño, e que era coñecida popularmente polo nome de "carballo verde", aínda que de carballo non tiña nada. Como comentamos máis abaixo, o 26 de setembro do pasado ano, esta árbore centenaria deu por rematada a súa existencia, logo de máis de 300 anos vendo pasar varias xeracións de "vilarenses", pois a súa ubicación achábase no barrio tomiñés de Vilar.

 

    

   

 

 

     En ANABAM debemos ser moi nostálxicos, así que decidimos que unha parte da sobreira tiña que estar con nós, sobre todo, porque un dos membros do grupo de traballo da asociación, Ricardo da Silva (na fotografía agachado á dereita) se empeñou e levou a cabo tódalas xestións e, por suposto, o transporte da mesma.

 

     Hoxe, parte desta "histórica" sobreira tomiñesa áchase na Estación Ornitolóxica "Esteiro do Miño", formando parte da exposición permanente que alí hai.

 

 

 

 

 

OPERACIÓN SOBREIRA

 

  Actualizada o 17-11-2013  

Texto: Ricardo Da Silva Diz

Corrección de texto: José Miguel Escanciano Maricalva

 

     Cando o día 26 de setembro caeu esta excepcional sobreira coñecida co nome de “ Carballo Verde”, xurdiu o problema de retirala do lugar canto antes, xa que parte das grandes pólas estaban dentro da finca de Mª del Pilar e Carlos. Na caída da árbore as pólas ocasionaron diversos danos materiais, pero tamén houbo outros sentimentais, por canto esta árbore éralles moi querida e a súa perda lles supuxo unha sinceira tristura.

     Pensar que un exemplar tan especial pasaría a ser simple leña producíame certo desacougo, e neses pensamentos andaba cando comezou a debuxárseme unha idea na cabeza, aproveitar o tronco da sobreira como elemento estético e darlle unha segunda vida.

    Faleino cos compañeiros do grupo de traballo de ANABAM e resolvemos que presentara esta a proposta noconcello tomiñés. A alcaldesa recibiume agradecendo a suxestión, polo que deu comezo o que se podería chamar ‘Operación sobreira’, e que estaría a cargo do concelleiro do medio rural Xosé Lois Vázquez Calvo.

      O día 5 de novembro os operarios da empresa SSal iniciaban as labouras de corta. Sabiamos que canta máis sobreira puidésemos conservar máis espectacular sería o que con ela se fixese, pero tiñamos varios inconvintes sendo o principal o camiño de acceso ata a sobreira. Era este moi estreito e á góndola (camión cun remolque baixo e en conxunto moi longo) que debía quitalo, salvaba os mutros por escasamente 10 cm de cada lado do camiño, ademais, este camiño remataba xustamente onde estaba a sobreira e o espazo para traballar era. en consecuencia, reducido.

 

Día 5 de Novembro, iniciando as labouras de cortado das polas

 

 
       

   

     Logo dunha detallada observación, decidiuse un tamaño mínimo a conservar e unha vez cortadas as pólas sobrantes, un camión grúa con capacidade para levantar aproximadamente 10.000 quilos, moveu e colocou de pe no camiño a sobreira; isto sucedeu o día 6. Xa pola tarde entrou a góndola marcha atrás para cargar a sobreira, cousa ben difícil xa que a grúa so era capaz de elevar parte do tronco.

     Conseguiuse subir a sobreira na góndola despois de moitos esforzos, tiñan que xirala no camión para que non sobresaíse polos laterais o cal foi imposible polo peso do tronco. A única solución era traer outra maquina que axudase nesta operación.

  O día seguinte, 7 de novembro, entre as dúas maquinas, conseguiron xirala e transportouse a sobreira o lateral do campo de fútbol do Alivio, onde permanecerá de forma provisional á espera do seu futuro.

Remata pois aquí esta 1ª parte da operación sobreira.

 

 

Preparada para cargar no camión   

  

 
       

Cargando no camión, con roupa azul Victoriano o conductor do mismo.

 

 
       

 

Comezando pola esquerda da foto Víctor, Luís, Cesareo e Rubén operarios e propietario da empresa Ssal

xunto ao concelleiro de Medio rural  Xose Lois

 

 
       

 

 

Texto: Ricardo da Silva Diz

Fotos: Ricardo Portela Vilas-anabam

   

Actualizada o 27-09-2013

 
         
 

ADEUS AO "CARBALLO VERDE DE VILAR"

    Unha nova perda no noso particular catálogo de árbores senlleiras do Baixo Miño, esta vez o máis lamentable é que puido evitarse, tomando a tempo as medidas de protección axeitadas, pero parece que non é unha prioridade dos nosos gobernantes a conservación destes exemplares únicos.

     Neste caso trátase do coñecido como Carballo Verde, unha sobreira de gran tamaño e varios séculos de vida que foi deteriorándose lentamente  polas continuas fogueiras que un veciño facía  ao carón do seu tronco, e non como se nos contara nun principio por queimar rodas pegadas a ela, este dato pódese verificar agora ao observar a cantidade de lixo que quedou ao descuberto, trala caída da árbore.

    Estas fogueiras deixáronse de facer grazas ás protestas no concello doutra veciña, Mª del Pilar, que ten a sensibilidade das persoas que veñen de fóra e que saben apreciar o que nós non somos capaces de ver.

    Se lle preguntas a un exipcio nacido aos pes das pirámides, que lle parecen? seguramente dirá que son algo corrente e normal, así ocorre cos de aquí, seguimos sen apreciar o que temos.

   Mª del Pilar leva aquí algo máis de vinte anos. Xa desde un principio quedou sorprendida da falta de sensibilidade cunha árbore tan extraordinaria, polo que decidiu actuar: Dirixiuse ao Concello de Tomiño para que se deixasen de facer as fogueiras e tomasen medidas de conservación, so conseguiu o primeiro.

    Dirixiuse entón á Xefatura de Montes en Pontevedra, fíxoo varias veces, e o resultado foi que lle dixeron que árbores como ese había moitos e as árbores tamén teñen que morrer (un servizo oficial dándolle a unha cidadá respostas de colexial, mal informados ou sen gañas de informarse axeitadamente, con verdades de perogrullo...?).

   É certo, árbores deses hai moitos, pero non desa antigüidade, e menos no Baixo Miño. Tamén é certo que o ciclo da vida principia e remata, pero con axuda pode alongarse a vida e con malas prácticas e escasos coidados acurtarse de xeito significativo.

   Así, vemos que en moitos lugares estas árbores tan lonxevas son coidadas como os anciáns que son, poñéndolle estacas nas polas que as axudan a soportar o peso, limpándolle as feridas e protexéndoas. Infórmase aos interesados e interesadas para que poidan localizalas, deste xeito poden ser visitadas e admiradas por todos e todas, e haberá máis xente que reclame que sexan coidadas como merecen.

 

   

 

 

 

 

     

 

          Creemos as afirmacións de Mª del Pilar nos seus intentos de que as administracións se fixesen cargo da conservación deste exemplar, pois dende Anabam fixemos unha solicitude de inclusión desta marabillosa árbore no catalogo de árbores senlleiras da Xunta de Galicia para que puidese gozar dos coidados precisos: non obtivemos ningunha resposta dos encargados de inventariar estas árbores, nin sequera tiveron a delicadeza de poñerse en contacto con nós nin no caso desta solicitude nin das outras dúas solicitudes que presentamos, e iso xa pasou un ano desde a nosa proposta de inclusión no catálogo e o prazo é de seis meses, entendemos que nestes casos o silencio é negativo e moi silencioso.

 

Negativo porque entendemos que non respostar significará que se rexeita a proposta, negativo tamén porque algunhas árbores, como o Carballo Verde simplemente desaparecen. Silencioso, moi silencioso o procedimento porque os cidadáns quedan sen resposta, silencioso tamén porque xa os paxaros non aniñarán nas polas desta árbore extraordinaria.

 

 
       
       
       
         
     

 
       
       
       
       
       
       
       
       
       
       
       
 

 

 
 

 

 

Solicitude de inclusión no Catálogo galego de árbores Senlleiras, con data de rexistro o 04 de xullo de 2012.

 

 
             

 

      Actualizada o 28-02-2012

 

 

Carballo verde (Vilar, Tomiño)

 

 

 
 

 

 

 
 

 Nome científico: Quercus suber

 Nome común galego:  Sobreira

 Nome común castelán : Alcornoque

 Idade estimada: máis de 300 anos

 Localización

 Concello: Tomiño

 Parroquia: Tomiño

 Lugar: Vilar, o lado dun camiño público co nome da árbore

 Coordenadas UTM, Datum WGS 84: X 519920  Y 4649932

 Altitude: 70 metros

 Data fotografías:   20 – 4 - 2012

 Medidas

 Altura:   16 metros

 Diámetro a 1,30 m :   2,14 metros

 Perímetro a 1,30 m :  6,75 metros

 Observacións: É curioso  cunha sobreira  a coñezan polo nome de  Carballo verde pero así é coñecida no lugar de Vilar.

Esta sobreira, foi danada  no pé por unha fogueira pegada ao tronco feita hai anos con rodas de goma por unha persoa con problemas mentais. A pesares diso consérvase ben.

 Árbore coñecida en todo o barrio.