SECCIÓN ENTOMOLÓXICA "Pelegrín Franganillo"

 

AVESPAS CAZADORAS DE ARAÑAS

 

 

RESPONSABLE SECCIÓN ENTOMOLÓXICA: Agustín Ferreira Lorenzo

 

EQUIPO DE CAMPO: Carlos Angíliza Entenza, Silvia Bautista Salgueiriño, Luis Dorado Senra; Agustín Ferreira Lorenzo, Antón Ferreira Lorenzo,Mª Consuelo González de Dios, Manuel A. Pombal Diego, Ricardo Portela Vilas, Fco. Javier Sánchez González e Ricardo da Silva Diz.

 

 

IR Á PORTADA

 

      Actualizado o 16-6-2014  
     

 

Texto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

 
         
 

 

 

 
 

 

          Os pompílidos (Pompilidae) son un grupo de avespas depredadoras de arañas que as capturan para alimentar ás súas larvas. Na súa maior parte teñen coloración escura. Co seu aguillón, inoculan o veleno paralizante, que non mata á araña, "anestesiándoa", para logo transportala ata o seu niño, habitualmente un burato que escavou previamente no chan. Como se ve na fotografía, a araña pode ser moito máis voluminosa que a avespa, co cal esta non pode levala en voo, tendo, en consecuencia, que arrastrala polo chan.

      A da fotografía, obtida na senda peonil que circunda o Trega pola costa guardesa, foi a primeira destas capturas que puidemos observar.  A avespa arrastrou a araña, neste caso un "nafósido" (Gnaphosidae), probablemente pertencente a un dos xéneros Drassodes ou Nomisia, pola superficie cementada varios metros ata chegar a onde tiña o niño, situado entre a vexetación.

 

   (Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam, 11 -6-2014)