GUÍA ANABAM DAS

ÁREAS RECREATIVAS DO BAIXO MIÑO

 

EQUIPO RESPONSABLE

AXENTE FORESTAL..............................................Emilio Alonso Gómez

AXENTE FORESTAL.............. José Miguel Escanciano Maricalva

AXENTE FORESTAL................................................Ricardo da Silva Diz

FOTÓGRAFO................................................................Luis Dorado Senra

 

COLABORADORES...................................................Membros do GT de ANABAM

 

Índice

IR Á  PORTADA

     

 

Actualización: 22-09-2014

Área recreativa de San Omedio

 

 

 

 

Localización                                                                          

 

Concello:   Tui

Parroquia: Malvas

Lugar:        San Omedio

Coordenadas Datum WGS 84, huso UTM 29 T:     X   523127

                                                                                   Y 4656468

 Instalaciónns:   - Acceso a persoas con discapacidade (con algunhas restriccións )

                         - Fonte de Auga potable

                         - Bancos e mesas

                          -Asadores

 Acceso:            Coche: Si      Autobús : Non 

Autor e data das fotografías: Luis Dorado Senra, 26 -04 -2014  ( Excepto *  Ricardo, 17- 08- 2014 )

 

 

 

 Área ca ermida o fondo  

 

 

 *Romería de San Omedio

                          

Descripción e algúns datos de interes

 

 Moitas das ‘Áreas Recreativas’ foron creadas polo empeño da gardería forestal, xunto ás comunidades de montes,

por crear lugares de esparcimento en espazos con un  atractivo especial. Este é o caso de San Omedio,

onde o garda forestal Francisco Diz, ao coñecer a existencia dos restos da ermida de San Omedio, e a singularidade

do lugar, inicia o proceso, que hoxe en día continúa mellorando a Comunidade de Montes en Man común de Malvas, de crear esta fermosa Área.

 

 A Ermida de San Mamed  ou San Omedio restaurase no ano  1981, e celébrase a romaría do santo o segundo domingo de agosto.

 

 O arborado da Área é moi variado, as frondosas predominan no lugar das mesas, facendo desta Área un lugar

moi fresco e agradable no verán, as coníferas envolven esta zona creando un contraste de cores. Así os carballos,

liquidambar, cereixeiras, castaños, bidueiros, abetos de Douglas, alciprestes, piñeiros do país e americanos,

sequoias etc. completan a singularidade deste lugar.

 

 

 

Asadores

 

Recomendacións: En xeral, non deixar o lixo nas papeleiras ou contenedores no período invernal xa que normalmente non teñen recollida nestas épocas do ano.

 Se ves lume chama ao 085 e para calquer emerxencia ao 112, as chamadas son de valde

 E recorda que a pesares de que os montes teñen propietarios,  disfrutámolos todos.

 

 

 

 

Fonte e  mesas

 

 

Charca decorativa onde tamén podemos observar anfibios.