GUÍA ANABAM DAS

ÁREAS RECREATIVAS DO BAIXO MIÑO

 

EQUIPO RESPONSABLE

AXENTE FORESTAL..............................................Emilio Alonso Gómez (Arriba)

AXENTE FORESTAL.............. José Miguel Escanciano Maricalva (Esquerda)

AXENTE FORESTAL................................................Ricardo da Silva Diz (Centro)

FOTÓGRAFO................................................................Luis Dorado Senra (Dereita)

 

COLABORADORES...................................................Membros do GT de ANABAM

 

Índice

IR Á  PORTADA

     

 

  Área recreativa de A Valga

 

Localización

 

Concello:   Oia

Parroquia: Loureza

Lugar:        Curro da Valga

Coordenadas Datum WGS 84, huso UTM 29 T:     X   511870

                                                                                   Y 4648927

 

 

Instalaciónns:   - Acceso a persoas con discapacidade (con algunhas restriccións )

                         - Fonte de Auga potable

                         - Bancos e mesas

                          -Asadores

 

 

Acceso:            Coche: Si      Autobús : Si

 

Autor e data das fotografías: Luis Dorado Senra, Abril e Maio 2015

 

 

Descripción e algúns datos de interes

 

A creación desta Área, foi necesaria para dar acomodo ás persoas que tradicionalmente acoden ao curro da Valga

e que dende antigo celébrase neste lugar o segundo domingo do mes de Maio.

No entorno da Área destacan os espazos naturais, especialmente as zonas húmidas de turbeira, que posúen

características únicas. Practícase a escalada nos riscos que miran á costa e tamén resulta habitual a práctica

do ‘parapente’ e outras actividades similares.

Robles americanos (Quercus rubra), bidueiros (Betula sp.) e liquidambar (Liquidambar styraciflua) son as especies

arbóreas que principalmente cobren o espazo da Área recreativa, aínda que as especies máis abundantes no seu

entorno son o piñeiro americano (Pinus radiata) e o do país (Pinus pinaster). 

Moi próxima a esta temos tamén a Área recreativa da Casa Forestal de Oia.

 

 

Recomendacións: En xeral, non deixar o lixo nas papeleiras ou contenedores no período invernal xa que normalmente

non teñen recollida nestas épocas do ano.

 Se ves lume chama ao 085 e para calquer emerxencia ao 112, as chamadas son de valde

 E recorda que a pesares de que os montes teñen propietarios,  disfrutámolos todos.

 

 

Arriba e abaixo, dúas instantáneas do curro 2015.